Xogos para a finde: un pouco de todo

     Boas tardes de venres a todos, xa estamos por aquí de novo, un venres, rematando a semana. Como foron as tarefas de hoxe? Estou segura de que vos gustaron, que foron bastante chulas e diferentes verdade? 

     Por certo, que non se me olvide, os que non me mandastes todavía a foto lendo, porfa, mandádema, que é unha actividade moi chula e quero facer unha cousa con todas as vosas fotos que creo que vos vai gustar, pero se non teño fotos é complicado. Veña, animádevos!

     Hoxe, vouvos traer unha pequena recopilación de cousiñas para facer esta fin de semana, pero tendo moi en conta outras entradas de outros días do blogue, porque estou segura segurísima que non fixestes todas as actividades, e hainas moi chulas. Así que por aquí vos deixo a miña proposta para esta fin de semana non aburrirvos na casa: 

- Ximcana: seguro que algún xa o viu, pero onte creei unha ximcana marabillosa do día do libro, que podedes facer, modificar, ampliar, reducir ou adaptar para facer en casa. É unha idea super chula, e incluso podedes adaptala e facela de outras temáticas diferentes. Estou segura de que vos gustará tanto creala como xogala. Ademais de consultar a entrada de onte, onde tedes toooodas as miñas ideas, déixovos tamén por aquí outro documento con máis ideas de probas, pero este non é meu, non son probas pensadas por mín, aínda que tamén son moi chulas: ximcana literaria

- Tempo de lectura: aproveitando que estamos na semana do libro, estou segura que todos estades a ler contos marabillosos. Propóñovos adicar un bo rato nesta finde a ler os vosos contos e libros favoritos, a continuar a vosa lectura habitual, ou incluso a explorar novos contos que, nunca se sabe, igual atopades un novo favorito. Por aquí vouvos deixar unha recopilación de contos chulos, para todas as idades, para ler sós ou en familia: tómbola de libros

- Xogos online: vouvos deixar por aquí tamén unha páxina que a mín encántame, xa o sabedes, para facer xogos online. Hai xogos super divertidos, pero hoxe, en lugar de dárvolos eu, propóñovos que investiguedes por ela e descubrades os vosos propios xogos. Por aquí vos deixo dúas que espero que vos gusten: pasatempos online e minixogos (tede en conta que estas páxinas adoitan ter anuncios, ten paciencia con eles e non piques). 

- Xogos de cartas: xogar ás cartas sempre é unha boa opción, verdade? Podedes buscar no blogue a entrada onde vos falo de diferentes xogos de cartas adaptados para a vosa idade. Algún xa o coñecedes, outros menos, pero todos son super divertidos. Asegúrovolo. E, por suposto, tamén podedes xogar a crear a torre de cartas máis alta, ou crear un xogo propio. Imaxinación ao poder!

- Inventa un xogo: por último, pero non menos importante, propóñovos que inventedes un xogo e o compartades cos vosos compis, estou segura que máis de un e máis de dous intentarán facelo e vos contarán como lles saiu. Se queredes facer esta opción, recorda escribir ben as instruccións para xogar e qué materiais se precisan, e mándamo ao meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com para que poida compartilo cos vosos compis!

     E ata aquí a última semana enteira de abril. O tempo está a pasar moi rápido, e xa levamos tanto tempo sen vernos e sen estar no cole que é un rollo grande. Pero non pasa nada, pronto conseguiremos, todos xuntos, volver á normalidade. AH! Case me olvido: responsabilidade nas saídas chicos, que sei que todos tedes moitas ganas pero hai que facelo CON CABEZA. Un bico e un abrazo moi grande da vosa profe!

Ejemplo Escuela: Juegos educativos

Comentarios