Xoves, 16 de abril

     Bos días pequenos monstruitos, como vai a primeira semana despois das vacacións? Eu espero que vos vaia xenial. Xa sabedes que isto todavía vai seguir así, como mínimo ata o día 26, aínda que sabemos que todo irá recuperándose con moio moito coidado, así que hai que ter paciencia. Aínda así, que saibades que penso que sodes uns campións, por seguir ahí ao pé do cañón, por seguir traballando cada día, por non saír da casa, por aplaudir cada día... vós tamén sodes uns pequenos heroes. Pronto sairemos desta. 

     E sen máis preámbulo, imos comenzar coas tarefas de hoxe, se vos parece. Primeiro de todo, como cada día, recordamos o horario co que imos comenzar: empezamos con inglés, continuamos con lingua galega, despois ciencias naturais, e xa despois do recreo e da hora de ler, rematamos con lingua castelá e con ciencias sociais. Estades preparados? Pois imos alá.

- Inglés: para continuar coas tarefas de inglés, volveremos ao noso libro de texto. Para iso, recordade que tedes que acceder á páxina https://tiger.macmillan.es/ e poñer como usuario TODOSALDRABIEN e contrasinal MEQUEDOENCASA. Unha vez dentro accedemos a Tiger Team 3 e a Storyteller. Alí pulsamos en UNIT 5 KING MIDAS (O rei Midas) e darémoslle a "play". Escoitamos e vemos o conto con atención, e deducimos de qué trata a historia fixándonos ben nas viñetas e nos debuxos. Podes poñelo as veces que che faga falta ata comprendela. 

- Lingua galega e ciencias naturais: hoxe imos facer un traballo conxunto destas asignaturas. Asómate á ventá durante uns cinco ou dez minutos e apunta nunha folla cantos seres vivos ves na rúa (apunta por separado cantas persoas, cantos animais e cantas plantas). Despois, terás que clasificar:
1. No caso das plantas: di se son árbores, arbustos ou herba e se teñen ou non follas e flores. 
2. No caso dos animais: di se son vertebrados ou invertebrados, vivíparos ou ovíparos e que tipo de alimentación teñen. Se te atreves, tamén podes investigar que tipo de invertebrado ou vertebrado é. 
3. No caso das personas: di se son nenos, adultos ou anciáns. 

- Lingua castelá: escríbelle unha carta aos teus compañeiros e compañeiras de clase contándolles algo que esteas facendo nestes días de corentena, como te sentes estes días e que cousas botas de menos.  Podedes facelo escrito nun papel, ou facelo nun programa para escribir (procesadores de texto) do ordenador. Podes engadirlle algo máis e, se queres e ma ensinas no correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com podo publicala no blogue. Estou segura de que a TODOS E TODAS encantaralle saber cousas dos demais, e por suposto tamén á profe. 

- Ciencias Sociais: a semana que vén imos facer un "calendario atmosférico". 
1. Copia ou imprime (como prefiras) nunha folla unha plantilla parecida a esta: plantilla
2. Cada cadrado vaise corresponder cun día, empezando polo luns 20, así que escribe na parte de enriba de cada cadrado a data correspondente (o primeiro cadrado "luns 20", o segundo cadrado "martes 21"...). Fíxate ben en poñer o día co número correspondente. 
3. Fai unha liña para dividir os recadros grandes en dous iguais: un será para a mañá, e o outro para a tarde. Porque non sempre fai o mesmo tempo pola mañá que pola tarde. 
4. Escribe enriba da táboa grande en qué mes, estación e ano estamos.
5. Engade debaixo da táboa, no cadrado onde pon "lenda" as diferentes simboloxías que imos atopar. Escribe enriba dos puntiños: chuvioso, soleado, ventoso, anubrado, tormenta e outros (arco da vella, saraiba...). E, ao lado de cada nome, no cadrado grande, debuxa o que indicas (por exemplo: ao lado de chuvioso, unha nube con gotas caendo, ao lado de soleado un sol sen ningunha nube...)
E listo, xa terás a plantilla preparada para facer o calendario da próxima semana. Non o perdas, o necesitarás durante toda a próxima semana, e cando o teñamos completo, traballaremos un día máis sobre él, así que mellor teno a man. 

     E ata aquí as tarefas do xoves, e así, pouco a pouco, xa estamos a rematar esta primeira semana despois de semana santa. Que vos parece? Non foi moito verdades? Pois agora que soamente queda o venres, non quero despedirme sen deixarvos por aquí un bico moi grande para cada un de vós da vosa profe que vos quere moito. 


De dónde viene el arcoíris - Historia de la Vida

Comentarios