Bos días chicueliños! Xa estamos a xoves, a puntiño de rematar a semana, e con isto rematar tamén as tarefas ata despois de semana santa. Xa soamente queda hoxe e mañá, así que moito ánimo co traballo, e seguide así de fortes. Sodes os campións máis importantes!
Por certo, hoxe publícanse as notas. As familias que tedes abalar, podedes consultalo por ahí. Se alguén ten algunha dúbida acerca delas, podedes dicirmo por correo e vos explico o que precisedes. Terédelas dispoñibles a partir das dúas.
Por certo, hoxe publícanse as notas. As familias que tedes abalar, podedes consultalo por ahí. Se alguén ten algunha dúbida acerca delas, podedes dicirmo por correo e vos explico o que precisedes. Terédelas dispoñibles a partir das dúas.
Hoxe, como todos os días, recordo o horario que temos de clases: empezamos con inglés, continuamos con lingua castelá, despois temos ciencias sociais, e xa despois do recreo e da hora de ler continuaremos con lingua galega e a última hora ciencias naturais. Imos coas tarefas, moito ánimo! Vós podedes.
- Inglés: imos con un pouquiño máis das tarefas do libro. Hoxe, tócannos un par de cousiñas moi moi sinxelas. Imos á páxina de todos os días, metemos o usuario e a contrasinal de sempre, e imos a VOCAB APP, e alí faremos a actividade FIND THE PAIRS. E, a maiores, a profe Nati proponvos á seguinte actividade (tamén de unir parellas, pero con números): Atopa as parellas e colorea Ademais, como extra para as vacacións, a profe Nati recoméndavos a película HOP (2011) para ver en inglés, que está moi moi chula.
- Lingua castelá: hoxe imos faccer unha comprensión lectora, que de cando en vez é necesario facelo, e sabedes que hai que ler un pouquiño cada día. Por aquí vos deixo o texto: https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/el-caballito-de-mar Cando rematedes á lectura, pinchade debaixo, para facer os xogos de comprensión. Recordade facer os exercicios de comprensión tamén por escrito.
- Ciencias sociais: continuamos e rematamos co traballo sobre a contaminación. Hoxe tedes que empezar o produto final, e teredes a sesión de hoxe e a de mañá para facelo. Nunha cartolina ou nun folio tedes que escribir enriba "COMO REDUCIR A CONTAMINACIÓN" con letras bonitas (pode ser en vertical ou en horizontal, como prefirades). Debaixo, escribiredes as diferentes formas de reducir a contaminación que encontráchedes, acompañada cada unha delas dun debuxo e con letras bonitas. Podedes separar as do aire e auga, ou poñelas todas xuntas, vos deixo libremente. Gustaríame vervos ben creativos e ver que cousas tan chulas podedes crear. Recordade: tedes a sesión de hoxe e a de mañá para facelo.
- Lingua galega: hoxe imos repasar ortografía con algúns xogos. Vos propoño o seguinte: Proposta xogos un Sei que deron algúns problemas este tipo de enlaces, pero son moi interesantes. Recomendo abrilos dende un ordenador, xa que os problemas viñeron principalmente dende tablets ou ordenadores. En caso de que non sexa posible, déixovos tamén este outro enlace, sobre o mesmo tema, para practicar: Proposta xogos dous (dádeslle ao primeiro cadriño B e V, e facedes os seis primeiros exercicios, que son todos iguais e moi faciliños). Con facer unha das dúas opcións chega, pero se queredes facer as dúas non pasa nada.
- Ciencias naturais: hoxe imos deixar apartado un momento o tema das máquinas para responder á seguinte pregunta: Como está afectando o confinamento polo coronavirus ao medio ambiente? Paréceme unha pregunta moi interesante para que reflexionemos. Buscade a resposta e escribide o que pensades ao respecto nun papel. (Moitas gracias a Fabi e a súa radio ecoloxista, se onte víchedes a entrada "Conexión compañeir@s" seguro que xa vos soa un pouco).
E listo, ata aquí as tarefas do xoves, e xa case case rematamos a semana. A verdade é que o tempo voa, verdade? Moito ánimo para rematar estas tarefas, que sodes uns campións. Un bico moi moi grande, e moita forza ás vosas familias, xa queda un día menos para rematar con isto!
Comentarios
Publicar un comentario