Xoves, 23 de abril. DÍA DO LIBRO

     Bos días a todos e todas. Hoxe, como xa podedes ver incluso no título, é un día diferente, un día moi especial. Hoxe é o día do libro. Como sabedes, a mín encántanme os libros, e paréceme que esta é unha data que, aínda que nos colla un pouco lonxe uns doutros, temos que celebrar. 

     Na miña casa, temos unha tradición: regalámonos libros polo día do libro. Aínda que este ano estará complicado, seguro que vos fixáchedes outros anos en que este día regálanse moitos libros, están máis baratos, moita xente le moito máis e se fan moitas celebracións arredor dun libro. Pero, nunca vos pregúntachedes por qué?

     Hoxe, para variar, non imos seguir un horario, senón que imos facer actividades nas que, ademais de traballar diferentes asignaturas, tamén falaremos do libro, desta celebración e dalgunhas costumes que se adoitan facer. Por iso hoxe non recordarei o horario, nin poñerei tampouco asignaturas, hoxe faremos as cousas por "tarefas". Para facer as tarefas de hoxe utilizaremos un folio diferente, unha folla que non sexa de libreta, ou cartolina, para que quede máis bonito. Comezamos!

- Primeira tarefa: a celebración do día do libro. O primeiro que debemos é coñecer por qué se celebra o día do libro nesta data, e onde. Por iso, buscade información para responder as seguintes preguntas: qué día se celebra o día do libro? Por qué se celebra nesa data? En qué lugares se celebra?

- Segunda tarefa: o día de San Jorge. O 23 de abril celébrase tamén en España o día de San Jorge que, concretamente para cataluña, ten moita importancia porque é o seu patrón. Existe unha lenda sobre o día de San Jorge, que explica a tradición que hai en Cataluña no día do libro. Mirade o seguinte vídeo para coñecela:  Vídeo sobre a lenda de San Jorge.  

- Terceira tarefa: imos debuxar a un dos protagonistas da nosa historia. Para iso, mira o seguinte vídeo, e continua os pasos para debuxar un temible dragón. Debúxao debaixo da historia: como debuxar un dragón.

- Cuarta tarefa: faremos a seguinte ficha sobre o libro. Elixide un libro, o voso libro favorito, e completade esta ficha sobre él. Espero que vos guste facelo, e se queredes, encantaríame que o compartírades comigo a través do correo electrónico, e así tamén podo compartilo cos vosos compis, que seguro que lles encanta. Ficha: o meu libro favorito.

- Quinta tarefa: para rematar, unha parte super importante da lectura é ter un punto de libro, ou marcapáxinas, para poder recordar sempre por qué páxina estábamos a ler. Por iso imos fabricar personalizado. Podedes facelo como queirdades, pero eu vouvos deixar por aquí un modelo que me gusta moitísimo (e que tamén podedes personalizar) moi orixinal e diferente. Espero que vos guste: punto de libro. Encantaríame ver os resultados!

- Sexta tarefa: agora, que temos luz, imos facer o último paso. Colle o teu libro favorito, ou un libro que esteas lendo, ou simplemente o que prefiras, e sácate unha foto con él diante dunha ventá, como se o estiveras lendo, ou o foras a ler, para os teus veciños. Logo, envíame esa foto. Haberá unha pequena sorpresa con elas, que espero que vos guste moito.

- Extra: acordádevos de volver a cubrir o calendario atmosférico de ciencias sociais. 

     Espero que vos gustara moito esta programación diferente, porque hoxe é un día especial e merecía a pena dedicalo de forma especial. Mañá volveremos á normalidade xa, así que moito ánimo, porque mañá xa será venres e irá fora outra semana máis. Moita forza, sodes uns campións!


Libros | Pila de libros, Libros para pintar

Comentarios