Bos días! Hoxe remata abril, e claro, mañá comeza maio. Pero que significa iso? Ademais de que levamos xa moito tempo sen vernos, significa que pouco a pouco vamos achegándonos ao final. Eu espero que o final chegue pronto e poidamos ir ao cole, aínda que soamente sexa a despedirnos e facer unha pequena festa para celebrar que podemos estar ahí.
Pero mentres non chegue ese momento, toca seguir pelexando, continuar pouco a pouco traballando para non perder o ritmo, como estades a facer todos vós, que sodes os mellores sen dúbida ningunha, e seguir pensando sempre que un día máis é un día menos. Ánimo chicos!
Empezamos, como cada día, falando do horario de hoxe, das asignaturas que imos traballar, e son as seguintes: empezaremos con inglés, continuaremos con ciencias naturais e sociais, e despois faremos lingua galega e acabaremos, para variar, con plástica outra vez. Imos aló!
- Inglés: na páxina de sempre https://tiger.macmillan.es/ accedemos co noso usuario e contrasinal e accedemos á seguinte tarefa que nos manda a profe: Activity Book, Page 41, exercises 16 and 17.
- Ciencias sociais e naturais: para facer esta actividade necesitarás unha folla. Colócaa en horizontal, e fai no medio unha liña vertical que a divida en dous trozos iguais. Debes debuxar, nun lado, unha paisaxe de montaña (pensa e recorda que cousas tiñan as paisaxes de montaña) e coloreala, e no outro lado unha paisaxe de costa (o mesmo, pensa e recorda antes de debuxar) e colorea tamén. Ben feito eh! Non vale ser chapuceiros.
- Lingua galega: unha vez rematado o debuxo de antes, imos comparalo. Pola parte de atrás do folio debes poñer de título "Semellanzas e diferencias", e tes que escribir CINCO semellanzas entre as dúas paisaxes, e outras CINCO diferentes entre ambos. En LINGUA GALEGA.
- Plástica: si, hoxe imos volver facer plástica. Que por qué? Porque a profe é unha despistada e case olvida o día da nai... menudo desastre! E non podía faltar que fixéramos un regaliño para a nosa nai, por todo o que fai por nós, e porque é moi importante na nosa vida, verdade? Por iso hoxe vos animo a deixar voar a vosa imaxinación e facer un regalo orixinal e ben bonito para a vosa mamá. E, por suposto, estaría encantada de que mo ensinárades.
E listo, ata aquí o mes de abril, estoy segura de que as tarefas de hoxe non se vos fixeron moi longas nin difícles, verdade? Agardo os vosos debuxos das paisaxes, coas diferencias e semellanzas, que me interesa moito velo. Recordade enviarmo ao meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com. E recordade tamén que nin mañá nin o luns teremos traballo por ser festivo no calendario escolar. Un bico grande.
Comentarios
Publicar un comentario