Adiviñas dos compis, xogos, e máis.

     Boas pitufos e pitufas! Xa rematou unha semana máis, a verdade é que parece mentira que levemos xa tanto tempo nesta situación. Oxalá poidamos voltar pronto ao noso cole, á normalidade, e volver a estar todos xuntos. Hoxe vos vou ensinar, antes de nada, un par de adiviñas que me mandaron onte Camilo e Sofía. Un delas a adiviñei, pero a outra... creo que non! jajaj E vós, sabédeas?




   Se credes que sabedes a solución das adiviñas, podedes contestarlles nos comentarios, a ver se acertades (seguro que eles poden contestar tamén). Ademais, gustaríame dicirvos que esta semana non poidemos ter unha videochamada por cuestións persoais e laborais, pero espero que a próxima semana si que a teñamos. 

    E a parte das adiviñas, vouvos deixar por aquí algún xogo para que fagades nesta fin de semana, porque aínda que xa podemos saír un pouquiño á rúa, como mínimo ata o próximo luns soamente pode ser unha hora ao día, así que temos outras moitas para aproveitar. 

- Facer debuxos: temos debuxos pendentes. Seguro que sabedes ao que me estou referindo, e senon podedes preguntarlle aos vosos pais. Necesito as fotos vosas con eses debuxos o antes posible, e encantaríame moitísimo que participárades todos ou moitos nesta iniciativa, de verdade. Así que unha das tarefas que vos deixo hoxe é precisamente esa: facer os debuxos pendentes. 

- Tardes de cine en casa: como vos soa isto? Fai moito tempo que non recomendo isto pero sempre é un plan maravilloso. Preparamos unhas palomitas, poñémonos todos cómodos no sofá, collemos unha mantita, apagamos as luces e.... ACCIÓN! Apetécevos o plan? A mín moito. Recoméndovos en concreto unha peli que sei que vos vai gustar moito (a mín encántame) e que tamén ten libro e sei que algún de vos está con el, e eu tamén o estou lendo: MATILDA!

- Aproveitar a hora na rúa: que non vos gañe a pereza, esa hora hai que aproveitala sempre, todos o días, e facendo todo o exercicio que poidamos. Eu vos recomendo que baixedes cunha bici ou patín, que vaiades a correr, ou incluso cun balón podedes xogar con papá ou mamá, ou cos irmáns. É unha oportunidade boísima para facer exercicio e respirar un pouco de aire fresco. 

- Receita de cociña: hoxe, ademais, para variar, tráiovos unha receita de cociña suuuper rica e sinxela para que poidades facer coas vosas familias. Crédeme, están boísimas, e son super divertidas de facer. Se as facedes, encantaríame ver unha foto de como quedan, e por suposto podedes invitar jajaja Por aquí vos deixo a receita: minipizzas

     E listo, eu penso que con isto xa temos ideas dabondo, e se lle sumamos xogos de mesa ou incluso algún baile e un pouco de lectura... non nos vai chegar a finde para tantas cousas! Espero que o pasedes ben, e que collades enerxía para unha nova semana que empeza o luns, cargada de sorpresas! Moitos bicos para vós. 

Cine y películas dibujos animados líneas azules. | Vector Premium



Comentarios

Publicar un comentario