Construindo polígonos

     Boas chicos, hoxe vos traio unha entrada extra porque estou moi contenta! E é que onte parece que vos gustou moito unha actividade, e mandáchedes un montón de fotos das que estou super orgullosa e moi moi feliz de que vos gustara tanto, por iso quería compartilas entre todos. 

     Por aquí vouvos deixar as fotos dos que mas pasaron, se alguén máis quérese unir, aínda está a tempo e modifico para engadilo. Cantos máis seamos, moito mellor! 

Por aquí tedes a Camilo coas súas figuras xeométricas, super ben feitas.

Este traballo é de Daniela, que pegounas nun folio e tamén lle quedaron moi ben. 


 Este outro traballo é de Fabi, que como non tiña paliños na casa fíxoo soamente con plastilina e quedoulle tamén moi ben. 


Aquí temos o traballo de Mariana, que mo mandou en fotos diferentes e eu xunteino para que quedara así de chulo. Como ela non tiña plastilina, fíxoo así. 


Aquí temos tamén a Mateo co seu traballo super ben feito. Moi bo traballo Mateo!


  Tamén Santi mandoume o seu traballo, que está moi ben feito e me gusta un montón. 


 Ensínovos tamén o traballo de Sofi, que como tampouco tiña plastilina, como outros compañeiros, usou a súa imaxinación para crear polígonos. Xenial tamén!


E por último, o traballo de Nerea, que tamén está super bonito e estupendo. 


     E ata aquí os traballos dos compis de hoxe. Encantoume recibir todos os vosos traballos, sodes uns campións de verdade, e estou moi contenta e orgullosa de todo o que estades a traballar. Seguide así! Un bico enorme para todos vós, e moitas gracias a todos os que me pasades os vosos traballos, encántame que o pasades ben traballando. 

Comentarios