FAMILIAS. Fichas para a semana 11.05

     Bos días familia, por aquí vos deixo de novo as fichas que utilizaremos esta semana para traballar nas diferentes asignaturas, separadas por días. Espero que vos sirva de axuda, especialmente para aquelas familias que utilicen o servizo de impresión do concello. Aquí vos deixo: 

- Luns: o primeiro día utilizaremos, para ciencias sociais, a seguinte ficha sobre o sector primario: sector primario. Se non queredes imprimila, tamén pódese simplemente copiar nun folio, xa que é moi sinxela. 

- Martes: o martes non utilizaremos ningunha ficha, xa que serán todo actividades máis amplas, abertas e de busca de información. 
´
- Mércores: o mércores imos traballar o tangram. Utilizaremos a seguinte ficha para imprimilo e que queden as medidas correctas (logo o pasaremos a cartón para que sexa máis duro): tangram.

- Xoves: hoxe utilizaremos, para ciencias sociais, unha ficha semellante á que utilizamos o luns para o sector primario, pero neste caso para o sector secundario. Coma no outro caso, podedes tamén simplemente copiala nun papel, segundo a vosa dispoñibilidade: sector secundario.

- Venres: o venres non haberá fichas, pero sí haberá unhas imaxes para seguir traballando co tangram. Como non fai falta imprimilas, non vola deixarei como ficha. Se alguén as quere, pode solicitarmas por correo electrónico. 

      E ata aquí a información respecto das fichas desta semana. Son pouquiñas, coma sempre, xa que sabedes que normalmente intento evitalas para facilitarvos o traballo. Moitas gracias coma sempre pola vosa colaboración. Un saúdo moi afectuoso, e espero a vosa participación nas actividades desta semana. 
FICHA MÉDICA | Viverunning

Comentarios