FAMILIAS. Fichas para a semana 18.05

     Bos días familias, como cada semana aquí vos traio a entrada coas fichas que utilizaremos durante esta semana. Aínda que sabedes que non son moitas, procuro facelo desta forma para facilitar o traballo, especialmente para aquelas familias que utilicen o servizo grauito do concello para imprimir copias de traballos. 

     Coma sempre, vos recordo que na web do centro tedes algo máis de información sobre este servizo así como teléfonos de contacto para poder informarvos máis sobre el. Por aquí vos deixo as fichas separadas por días: 

- Luns: para continuar co traballo dos sectores, de ciencias sociais, acabaremos coa ficha sobre o sector terciario: ficha do sector terciario. Como vedes, esta é moi sinxela así que tamén podedes simplemente copiala por escrito. 

- Venres: tras unha tarefa do xoves, o venres completaremos esta ficha con esa información para crear unha táboa de frecuencia cos datos obtidos: táboa de frecuencia sectores.

    O resto de días da semana non utilizaremos fichas, polo que xa directamente non os incluín. Moitas gracias coma sempre a todas as familias pola vosa implicación co alumnado, a vosa labor está sendo crucial nestes momentos tan complicados. Un saúdo afectuoso e moitos ánimos para todos vós. 

FICHA MÉDICA | Viverunning

Comentarios