FAMILIAS. Fichas para a semana 25.05

     Bo día familias. Como cada domingo, por aquí vos deixo as fichas que utilizaremos ao longo desta semana para traballar. Recordade que esta entrada está especialmente deseñada para aquelas familias que utilicen o servizo de impresión do concello, mais non é para facer as fichas antes de tempo. 

     Por este motivo, e coma sempre, vos poño por días cando terán que facer cada unha delas, coa intención de facilitarvos o traballo. Calquera cousa que precisedes, sabedes que podedes contactar conmigo a través do meu correo electrónico: tercero.viladerutis@gmail.com

     Esta semana utilizaremos algunhas fichas máis que normalmente, que xa sabedes que non son moitas, pero atentos á descrición das mesmas porque haberá moitas que non será necesario imprimilas. 

- Luns 25: traballaremos as formas verbais con esta ficha en lingua castelá (NON É NECESARIO IMPRIMILA, FARÉMOLA ONLINE), repasaremos o concepto de sílaba letra e palabra con esta ficha en lingua galega (NON É NECESARIO IMPRIMILA, FARÉMOLA ONLINE) e faremos un gráfico en ciencias sociais mediante estoutra ficha.

- Martes 26: faremos esta ficha de operacións matemáticas para practicar (tampouco é necesario imprimir, poden simplemente copialas nunha folla) e poden utilizar estoutra ficha como modelo para recoller a información do traballo de naturais (NON É OBRIGATORIA). 

- Mércores 27: seguiremos repasando os verbos en lingua castelá e faremos o exercicio que ven nesta ficha para iso (FARÉMOLA ONLINE, non é necesario imprimir). 

- Venres 29: utilizaremos esta ficha para facer unha redación breve sobre que queremos ser de maiores. Ademais, tamén farán problemas deste documento (terán que elixir, e NON HAI QUE IMPRIMIR, DEBEN COPIALOS NUNHA FOLLA). 

     O xoves non está plantexada actividade con ningunha ficha, por iso xa non o puxen. Agardo que este tipo de publicacións poidan facilitarvos de verdade a tarefa que, na medida do posible, intento axudarvos a facer. Sei que está a ser unha etapa complicada, moito ánimo familias. E, de novo e por suposto, moitísimas gracias pola vosa colaboración sempre. 

FICHA MÉDICA | Viverunning

Comentarios