FAMILIAS. Fichas semana 1.06

     Bos días familias, estamos aquí unha semana máis para deixarvos as fichas que utilizaremos para traballar esta semana. Recordade que a finalidade de esta entrada é facilitar a impresión das tarefas, especialmente para aqueles que utilicen o servizo do concello.

     Esta semana entramos no mes de xuño, e con esto quedarán tres semanas soamente de clases, contando esta. Polo tanto, xa entramos na recta final, e non quería deixar de darvos as gracias por todo o voso traballo durante esta etapa. Un último esforzo, que xa rematamos!

- Luns: o luns f utilizaremos estoutra ficha como apoio para unha actividade, pero poden facelo sen imprimir ou incluso non utilizar este modelo e facelo simplemente nun folio, polo tanto non é obrigatoria (materias primas).

Venres: faremos unha ficha de problemas, igual que a semana pasada pero con problemas diferentes (problemas).

     O resto dos días tamén faremos algunhas fichas, pero serán todas interactivas para fomentar o aforro, tanto en papel como en tinta de impresora, e concienciar tamén sobre o medio ambiente. Se algún ten problema para visualizar e/ou facer as fichas interactivas pola páxina, pode consultarme ou pedirmas e sen ningún problema llas pasarei por correo electrónico en formato PDF. Un saúdo e moito ánimo!

FICHA MÉDICA | Viverunning

Comentarios