FAMILIAS. Fichas semana 5.05

     Bos días familias. Como todas as semanas, déixovos por aquí as fichas que utilizaremos esta semana para traballar. Neste caso son moi pouquiñas, mais sabedes que as deixo para facilitar o traballo, especialmente cara as familias que utilizan o servizo de impresión de fotocopias gratuito do concello de Culleredo. 

     Para máis información, recordade que tedes unha circular en Abalar, ademais de máis información e teléfonos de contacto na web do centro.

     Aproveito para recordar que esta semana será máis curta, xa que o luns día 4 é un dos días elexidos polo centro como días non lectivos. Por aquí vos deixo as fichas por días coma sempre: 

- Martes: non utilizaremos fichas para traballar este día. 

- Mércores: ficha lingua galega utilizaremos esta sinxela ficha en lingua galega para traballar a expresión escrita. 

- Xoves: non utilizaremos fichas para traballar neste día. 

- Venres: ficha de matemáticas utilizaremos esta ficha para continuar co traballo do tema de xeometría, concretamente cos polígonos. 

     Moitas gracias coma sempre pola vosa colaboración. Un afectuoso saúdo, e moito ánimo porque agora sí parece que vai quedando menos para recuperar unha nova normalidade. 
FICHA MÉDICA | Viverunning

Comentarios