Luns, 11 de maio

     Bos días de novo pequerrechos! Xa estamos a día 11, e que significa iso? Que estamos na "Fase 1" e por fin, despois de taaaanto tempo, podemos empezar a sair un pouquiño máis, podemos ver aos nosos familiares que botamos tanto de menos, podemos ir a comprar... que alegría!

     Pero, aínda que o tempo pasa e as fases tamén, todavía non podemos volver ao cole, xa o sabedes. E por iso temos que seguir traballando desde casa para seguir aprendendo, e esperando que pronto poidamos volver a facelo xuntos. Así que como todos os días, empezamos recordando o horario que seguiremos hoxe.

    Empezaremos con matemáticas, despois faremos unha actividade de lingua castelá, unha pequena de lingua galega, e xa despois do que sería a nosa hora do recreo, e tamén da hora de ler, faremos unha actividade de ciencias sociais. Preparados? Estou segura de que si. 

- Matemáticas: imos continuar coa xeometría. Primeiro de todo, vouvos volver a poñer este vídeo clasificación de polígonos. Nel repasaremos o que xa sabemos sobre os polígonos e as súas partes, pero tamén aprenderemos a clasificalos. Fixádevos moooooi ben nos nomes segundo o número de lados, e tamén na diferencia entre regular e irregular. Despois, fai este xogo de clasificación de polígonos, dicindo en alto tamén se son regulares ou irregulares: clasifica os polígonos

- Lingua castelá: hoxe imos facer un exercicio faciliño de comprensión lectora, que tamén fai falta. Déixovos por aquí un texto moi interesante sobre os xoguetes. Tedes que lelo e despois facer o xogo que ven debaixo para asegurarvos de que entendíchedes ben todo: texto de comprensión lectora.

- Lingua galega: esta semana, ademais de moitas outras cousas, celebramos a semana das letras galegas. Este ano adícase a Ricardo Carballo Calero, pero como non podemos estar xuntos no cole, imos coñecer un pouquiño máis deste escritor, e facer algunha actividade, online, que é como podemos. Para iso, tedes que ir a este blogue e ver o vídeo que fixeron algunhas profes para primaria sobre a súa vida: semana das letras galegas.

- Ciencias sociais: hoxe, en ciencias sociais, imos empezar un tema novo sobre os traballos. E para iso imos investigar un pouquiño sobre algúns aspectos. En primeiro lugar, tedes que buscar en internet e responder ás seguintes preguntas: que é o sector primario? que tipo de traballos se inclúen neste sector? Despois, escolle unha profesión do sector primario e completa a seguinte ficha sobre o mesmo: ficha sobre o sector primario

     E listo, aquí rematamos as tarefas do primeiro día da semana. Foron fáciles verdade? Espero que todo vaia xenial, xa vedes que pouco a pouco todo vai mellorando e imos logrando volver á normalidade, ou a nova normalidade que lle chaman. Un bico moi grande para todos vós, e moito ánimo chicos!
Sparkling rainbow SVG file and clipart | Kuda poni, Pelangi, Ulang ...

Comentarios