Luns, 18 de maio

     Bos días chicos e chicas, como estades? Hoxe comeza unha nova semana, pero será unha semana bastante diferente porque, a partir de agora, non sabemos como serán as cousas. O próximo luns 25, se pasamos de fase, é posible que teñamos cousas que cambian. Pero imos pouco a pouco, vivamos o presente, e segundo se vaian sabendo cousas, ireivos informando. 

     Hoxe, como todos os días, vou empezar recordándovos o horario que seguiremos no día de hoxe: empezaremos cunha actividade moi sinxeliña de matemáticas, seguiremos despois cunha actividade de lingua castelá, faremos a tarefa que nos mande a profe de inglés, e remataremos o día cunha actividade de ciencias sociais. Que vos parece? Imos a por todas!

- Matemáticas: hoxe a tarefa de mate é moi fácil. Tedes que buscar formas xeométricas polo voso arredor (pode ser dentro ou fóra da casa, pola ventá, nos mobles... todo vale). A vosa tarefa será debuxar nun folio CINCO obxectos con forma de polígono que atopedes pola casa, e poñerlle enriba o nome segundo o seu número de lados (triángulo, cuadrilátero, pentágono...). 

- Lingua castelá: hoxe a tarefa de lingua castelá tráiovola dunha forma diferente. Por aquí vola deixo, espero que vos guste. 



- Inglés: as tarefas que vos deixa a profe nati para que fagades no día de hoxe son as seguintes. Pupils Book, page 44, exercise 22 “Tiger Street Tales” (lectura e búsqueda das palabras que non entendemos; recordade que podedes buscar na páxina ou aplicación “Wordreference”).

- Ciencias sociais: despois de traballar sobre o sector primario e o sector secundario, agora tócanos sobre o sector terciario, que é o último. Así que busca información sobre qué é o sector terciario, elixe un traballo correspondente a ese sector e despois cubre a seguinte ficha sobre o mesmo. É moi fácil, porque xa o fixemos igual para os outros (e recorda: EN GALEGO): o sector terciario.

     E listo, ata aquí as tarefas do luns. Como vedes, foron moi fáciles, e espero que non tivérades ningún problema. Aínda que ao principio deume un pouquiño de vergoña facer o vídeo, espero que vos gustase, a cando menos vos recordase un pouquiño a cando estábamos en clase. A mín gustoume facelo para vós. Recordade que calquera dúbida ou cousa que me queirades escribir, vos espero no correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com Un bico moi grande!

Cuántos colores tiene el arco iris?

Comentarios