Luns, 25 de maio

     Empezamos unha nova semana! Hoxe, como xa sabedes, cambian algunhas cousas, xa que por fin parece que esta situación avanza e entramos na fase dous. E esa é unha gran noticia! A verdade é que fai falta empezar a ver que vamos a mellor.

     Como xa sabedes, decidiuse que nós nos volveremos ao cole este curso, pero aínda así o curso remata o mesmo día que estaba previsto, o 19 de xuño. Iso significa que seguiremos un mesiño máis traballando así, tan ben como o estades a facer. A semana pasada falando cos vosos pais e con algún de vós dinme conta de que vos boto moito de menos, pero estou moi orgullosa de como estades a traballar todos, e iso ponme moi contenta. 

     Imos comezar a semana recordando o horario de hoxe coma sempre: faremos unha actividade de lingua castelá sobre os verbos, unha moi faciliña de lingua galega, a tarefa de inglés e unha actividade de ciencias sociais e matemáticas xuntas. Empezamos!

- Ciencias sociais e matemáticas: coa información que tedes da táboa de frecuencias dos traballos, tedes que cubrir agora un gráfico e responder ás preguntas. É moi fácil, soamente tes que seguir as instruccións do documento: gráfico dos traballos.

- Inglés: a tarefa da profe Nati para hoxe é a seguinte. Pupils Book, Unit 6, Page 45 (Vocabulary) e Vocab App (Picture Dictionary, listen and repeat).

- Lingua galega: para lingua imos repasar os conceptos de letra, sílaba e palabra. Recordamos que cada letra é cada símbolo que representan os sonidos e que conforman o abecedario (por exemplo: a, b, c, d...), unha sílaba é cada golpe de voz que damos ao falar con cada palabra (podemos dar palmas para recordalas e potencialas) e as palabras son conxuntos de letras que teñen sentido, e que están separadas por un espazo entre elas (ola, can, o, a, curmán...).

    Na tarefa de hoxe teredes que facer a seguinte ficha. Para iso, escribe o NÚMERO que corresponda (1, 24, 12...) dentro de cada casiña contando as letras, sílabas e palabras que hai en cada exemplo. Cando remates, dalle a "terminado" e pincha en "enviar a profe": pon o teu nome, o curso, e o meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com. Despois, podes volver a darlle a terminado e a corrixir, para ver os teus erros. Recorda ENVIARMO PRIMEIRO, porque senón logo non te deixará: letra, sílaba e palabra.

- Lingua castelá: hoxe imos facer unha ficha de identificar verbos. Como xa sabemos como son, e que teñen moitas formas verbais, na ficha teredes que facer o seguinte: busca a forma verbal de cada oración e debaixo escribe de que verbo ven e de que conxugación é ese verbo. Por exemplo: na frase "Tengo muchos rotuladores de colores" o verbo sería "tengo", e teño que poñer debaixo que ven do verbo "tener", e da "2º conjugación". AÍNDA QUE NA FICHA PON "RODEA" NON TEMOS QUE RODEAR NADA, SOAMENTE ESCRIBIR. Fácil verdade? Por aquí vos deixo a ficha: as formas verbais. Como é do mesmo tipo que a anterior, recordade: PRIMEIRO A ENVIAMOS, e despois, se queremos, podemos darlle a corrixir para ver os nosos erros. 

     E con isto rematamos as tarefas do luns. Espero que non vos foran moi complicadas, e que collades esta semana con moita forza. Sodes os mellores, de verdade. Moito ánimo, moita forza, e moitos bicos e apertas da vosa profe. 

De dónde viene el arcoíris - Historia de la Vida

Comentarios