Martes, 12 de maio

     Bos días de novo! Xa estamos a martes, como vai a semana? Eu espero que vaia ben. Sei que algún de vós está empezando a ter cambios na rutina, debido fundamentalmente a que pouco a pouco os papás e mamás van tendo que traballar, pero pronto lograremos coller a costume. 

     Hoxe, para traballar, imos seguir o seguinte horario: empezaremos cunha actividade divertida de matemáticas, despois teremos valores ou relixión e despois da hora que sería o recreo e da hora de ler faremos unha actividade conxunta de ciencias naturais e lingua galega. Imos aló, que podedes facelo!

- Matemáticas: empezamos cunha actividade moi divertida. Para ela necesitaredes: palillos (dos de limpar os dentes despois de comer) e plastilina (ou algún material parecido). Colleremos algúns palillos enteiros, e partimos outros más ou menos á metade (para facer dúas medidas diferentes) e facemos boliñas pequenas de plastilina. Os palillos serán os lados e as boliñas os vértices dos nosos polígonos: para construir os seguintes retos, tedes que clavar os palillos nas boliñas. Tedes que construir os seguintes polígonos e sacarlles fotos e mandarmas: 
* Un triángulo irregular
* Un pentágono regular
* Un hexágono irregular
* Un cuadrilátero irregular
* Un cuadrilátero regular

- Valores: como sabedes, a nova normalidade está supoñendo un cambio importante nas nosas vidas: dende a distancia social que debemos ter coas persoas ata o uso de mascarillas e outro tipo de protectores para evitar os contaxios. Aínda así, a vida hai que recuperala, pouco a pouco. Como crees que podería ser a nosa clase na nova normalidade? Fai un debuxo tendo en conta as medidas actuais. 

- Relixión: como todos os martes, déixovos por aquí o blogue da profe de relixión, para que poidades acceder e buscar as actividades que teñades que facer cada día. blogue de reli.

- Lingua galega e ciencias naturais: continuamos co tema que estamos a dar en ciencias naturais: as máquinas. Recordamos que xa demos o plano inclinado (ou rampa) e fixemos un experimento/xogo con ela, e tamén a panca, verdade? Pois esta semana imos coa última máquina simple: a polea. Tedes que buscar en internet a seguinte información sobre a polea e poñela por escrito: que é unha polea? como funciona? para qué serve? que partes ten? E facer un debuxo dunha polea. O próximo día poremos en práctica todos os vosos coñecementos de polea. 

     E ata aquí as tarefas do martes, e outro día máis que se vai. Espero que pronto podamos volver a vernos, que saibades que os profes tamén botamos moito de menos o cole. Oxalá volva pronto esa nova normalidade. Unha aperta enorme para os meus pitufines!

De dónde viene el arcoíris - Historia de la Vida

Comentarios

Publicar un comentario