Martes, 19 de maio

     Bo día pequerrechos! Estamos por aquí de novo dispostos a traballar e continuar aprendendo e repasando cousiñas para non perder o ritmo nesta tempada tan complicada. Que agora, despois de tanto tempo, parece que empezamos a ver lixeiramente o final. Pero non vos confiedes, e seguide sempre cumplindo as normas, é moi importante para seguir avanzando xuntos. 

    Imos comezar de novo recordando o horario que faremos hoxe, e logo xa vos contarei as actividades que temos. Empezaremos con matemáticas, depois faremos valores e relixión, seguiremos con inglés, e despois faremos unha actividade de ortografía, e remataremos con ciencias naturais. Empezamos!

- Matemáticas: xa coñecemos moito os polígonos verdade? Pero hai unha forma moi peculiar que non é un polígono porque non está formado por liñas rectas. Sabedes que figura é? CLARO! O círculo e a circunferencia son dúas figuras planas (como os polígonos, que tamén son planos) pero neste caso non son polígonos porque teñen liñas curvas. Pois hoxe imos coñecer un pouco esas figuras vendo este vídeo curtiño: círculo e circunferencia (o máis importante é que saibamos diferenciar un círculo e unha circunferencia) e despois faremos estas actividades: círculo e circunferencia.

- Valores: hoxe vos traio un xogo de ruleta, que o tedes no enlace do final. Propóñovos xogar cos vosos familiares, e ir respondendo ás preguntas que vos saian por turnos, a ver quen as responde mellor. Espero que vos guste moito e vos axude a coñecervos mellor: ruleta emocionante. Está en inglés, así que tes que darlle a "click to spin" que significa "da click para xirar a ruleta". 

- Relixión: como todos o martes, déixovos por aquí o blogue de reli para que poidades buscar nel as actividades que vos toquen facer hoxe: blogue reli no vila

- Inglés: as tarefas que me deixa a profe Nati para hoxe para vós son estas. Pupils Book, page 44, exercise 21 “Traditional bedtime rhymes” (escolle unha das  3 rimas para durmir, explica o seu significado en castelán e fai un debuxo que represente ese significado; utiliza un folio ou cartolina e preséntao axeitadamente).

- Lingua galega: por aquí vos deixo un xogo de ortografía de lingua galega. Tedes que premer UNHA SOA VEZ na n ou na ñ segundo corresponda. Coidado! Hai palabras que enganan, xa que hai moitas que en castelán son dunha forma e en galego doutra. Podedes axudarvos dun dicionario se o precisades. Cando acabedes, dádelle a puntuación para ver a vosa nota. Se lle dades a seguinte podedes volver a probar con outras palabras. Sorte! xogo de n ou ñ.

- Ciencias naturais: xa coñecemos algunhas das máquinas simples máis importantes, aínda que hai moitas máis como o resorte ou o parafuso, por exemplo. Hoxe imos aprender que, ademáis desas máquinas simples, existen outras que se chaman máquinas compostas. Busca en internet e responde: que é unha máquina complexa? Despois busca pola túa casa e debuxa cinco exemplos de máquinas compostas que utilices no teu día a día. 

     E listo, rematamos por hoxe, e xa acabamos as tarefas do martes. A verdade é que estades a traballar moi ben e eu estoy moi moi orgullosa de todas e todos vós. Sodes os mellores, e uns grandes campións. Mañá seguimos con máis tarefas, un bico moi grande!

Cómo nace un arcoíris? - Noticias y datos curiosos - ClubOsi

Comentarios