Martes, 26 de maio

     Bos días! Xa estamos a martes, e seguimos coas tarefas da semana. Esta semana imos aprender un montón, e sobretodo repasar moitas cousiñas das que aprendimos antes da corentena, para non olvidarnos de nada. Como estades a levar esto da fase dous? Que cambios notáchedes? Seguro que moitos, porque é unha das fases con máis cambios reais. 

   Coma sempre, primeiro recordamos cal será o horario do día de hoxe: empezaremos con matemáticas, despois teremos valores ou relixión, seguiremos con inglés, e xa para rematar continuaremos co traballo de natu que empezamos a semana pasada sobre unha máquina complexa. Acordádevos? Pois imos aló. 

- Matemáticas: hoxe, como cada certo tempo, imos volver repasar as operacións. Por aquí vos deixo unha ficha con operacións para que practiquedes e non o olvidedes. Non digo máis porque sabedes facelo de sobra e non hai máis que explicar: ficha de operacións. Podedes simplemente copialas nun folio, non é necesario imprimir a ficha. 

- Valores: para valores vouvos propoñer un xogo no que tedes que traballar a lóxica, a ver que tal se vos da. Os primeiros niveis son moi sinxelos, pero despois complícase. Ata que nivel sodes capaces de chegar? O obxectivo do xogo é levar a figura ata o cadrado vermello, pero ten que encaixar de pé. Para mover a figura, podedes utilizar a pantalla/rato ou as frechas. Sorte! xogo de lóxica.

- Relixión: como cada martes, accedede ao blogue de reli para poder ver cales son as vosas tarefas para esta semana que vos deixa a profe. Reli no vila.

- Inglés: as tarefas de inglés para hoxe son as seguintes. Activity Book, page 45 (Exercises 1, 2 and 3).

- Lingua galega e ciencias naturais: tócanos continuar co traballo. Déixovos de novo as instruccións por se as precisades, recordade que hoxe é o segundo día, e vos queda un máis para facelo. Tedes que presentar o traballo de forma bonita, ordenada e con debuxos e imaxes nun folio ou cartolina. 

1. Escolle unha máquina composta. Será sobre a que vas investigar. 
2. Busca información sobre a súa evolución. Estas preguntas poden servirte de guía para saber que buscar: quen o inventou? cando se inventou? como era ao principio? como funcionaba? como foi evolucionando? que cambios lle fixeron? como é actualmente? como funciona agora? que diferencias hai entre o principio e agora? Podes utilizar esta ficha como guía (máquinas complexas) ou simplemente apuntalo nun folio. Recorda: en LINGUA GALEGA.
3. Cando teñas toda a información, escríbea con boa letra e presentación nun folio ou cartolina, acompañado de debuxos e de coracións, e recorda poñerlle un título (o nome do traballo). 
*Importante: o traballo final debe estar escrito en lingua galega. Utilizaremos a sesión de hoxe, a do martes e a do próximo xoves para facer este traballo. Recorda: primeiro busca a información, e despois o pasas ao traballo. Se traballas de forma ordenada, terás mellores resultados.

     E con isto rematamos o día de hoxe. Xa vedes que son tarefas fáciles, que non vos levan moito tempo, pero o importante é seguir traballando e facendo cousiñas pouco a pouco. Sei que o estades a facer xenial, e por iso estou tranquila. Veña, que xa queda menos!

arcoiris.jpg (500×256) | Colores del arco iris, Cliparts gratuitos ...

Comentarios