Martes, 5 de maio

     Bos días nenos e nenas! Xa estamos en maio, e xa por fin parece que isto empeza a cambiar, verdade? Agora tamén os adultos podemos saír á rúa, e parece que xa se empezan a establecer unhas "fases" para que, pouco a pouco, poidamos volver á normalidade. Menos mal! Xa podemos ver a luz ao final do túnel, verdade?

     Pero como seguimos sen ter cole todavía, pois imos seguir con actividades online, que estades feitos todos uns expertos xa no manexo do ordenador. Sempre hai que buscar algunha parte boa para todo isto. Así que, sen máis, imos coa semana, que é curtiña desta vez: 

     En primeiro lugar, recordamos as materias que imos traballar hoxe: empezamos con matemáticas, despois valores ou relixión, logo inglés, e xa despois do recreo e da hora de ler, teremos lingua castelá e máis ciencias sociais. Preparados? EEEEmpezamos!

- Matemáticas: hoxe tócanos repasar un pouco os conceptos de tempo, que é o que imos repasar esta semana. Para iso, empezaremos con estes xogos sobre os meses, días e anos, que seguro que sabedes de memoria, pero que nos vai servir para repasar. Por aquí vos deixo: os meses e os anos e o calendario. Veña, que seguro que o facedes xenial!

- Valores: os de valores hoxe imos facer unha actividade de reflexión. Quero que escoitedes unha canción, pero cun ambiente relaxado, e que vos concentredes en escoitar a letra e o que di. Despois, escribide nun papel: que che fai sentir esta canción? cal é a túa frase favorita? canción para reflexionar

- Relixión: para os nenos e as nenas de relixión, por aquí vos deixo o blogue, para que vaiades e miredes, como todos os días, que tarefas ten preparada neste caso a profe: blogue de reli

- Inglés: déixovos por aquí o traballo de hoxe para inglés. Na páxina de sempre, e cos mesmos usuario e contrasinal. Tedes que acceder a Pupils book, page 43, exercise 18.

- Lingua castelá: imos facer un xogo para repasar a ortografía da mp e mb, que seguro que xa o sabedes de memoria, pero así tamén repasamos, que nunca está de máis verdade? Por aquí vos deixo un par de xogos para que practiquedes:  xogo mp mb

- Ciencias Sociais: e, para finalizar, imos facer unha pequena investigación. Como vos dicía ao principio, estanse instaurando unhas fases de "desescalada". Gustaríame que investiguedes un pouquiño acerca disto, e respondades as seguintes preguntas por escrito: que significa desescalada? por qué se fai por fases? en qué fase estamos agora? cando poderemos volver ao cole?

     E listo, rematadas as tarefas de hoxe. Como vedes, segue sendo moi moi fáciles, non podedes ter queixa eh! Espero que se vos faga curtiña esta semana, e coma sempre, se tedes calquera dúbida ou calquera cousa que me queirades contar, déixovos por aquí o meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com. Un bico enorme para todos!

colores del arcoiris - Buscar con Google | Colores del arco iris ...

Comentarios