Mércores 13 de maio

   Bos días de novo pequenos! Xa estamos na metade da semana da metade de maio. Que vos parece? Parece mentira que xa faga dous meses que non nos vemos, verdade? Non vos da pena? A parte boa é que parece que, pouco a pouco, todo vai voltar á normalidade, esperemos que sexa verdade. Mentres tanto, temos que seguir traballando na casa. 

     O horario que seguiremos hoxe é o de sempre, pero temos unhas actividades moi moi chulas hoxe. Empezaremos, para variar, con lingua galega, e despois faremos unha tarefa conxunta pero por partes, con lingua castelá, matemáticas e plástica, e tamén teremos as tarefas de educación física. Imos!

- Lingua galega: hoxe, en lingua galega, continuamos traballando a semana das letras galegas, que vos recordo que estamos a celebrar, aínda que dunha forma un pouco extraña, dende este luns. Hoxe, os nenos e nenas de sexto prepararon un conto super chulo do autor que se conmemora este ano, Ricardo Carballo Calero, e fixérono con moito agarimo para todos vós. Seredes capaces de identificar as voces de todos? Aquí vos deixo o enlace: semana das letras galegas.

- Lingua castelá: imos comezar a actividade xeral que imos facer hoxe. O primeiro de todo será buscar en internet información para responder, por escrito, ás seguintes preguntas: que é un tangram? cales son as súas pezas? como se xoga? Fai tamén un debuxo do tangram debaixo. 

- Matemáticas: xa que falamos do tangram, agora tócanos xogalo. Imos comezar probándoo en internet: vouvos deixar por aquí dúas páxinas con dous xogos diferentes de tangram. O primeiro é o tangram tradicional, que é super divertido, e o segundo é un xogo parecido ao tangram pero un pouquiño máis complicado de xogar, aínda que a min encántame. Espero que vos gusten, e vos sirvan para aprender a xogar: xogo de tangram (primeiro intenta encaixar ti as fichas. Se non das, proba a darlle a "ejemplo" para que che ensine como podes colocalas para que encaixen ben) e tangram en movemento

- Plástica: agora, para rematar, imos construir o noso propio tangram. Para que teña as medidas correctas, déixovos unha ficha para que poidades recortar e así será moito máis fácil (tamén podedes calcalas nun folio no mesmo tamaño, ou medilas e facelo coas medidas exactas): tangram. A continuación déixote os pasos que debes seguir para facer o tangram correctamente: 
1. Imprime ou copia as figuras do documento "tangram" nun folio, e recórtaas con moito coidado.
2. Para facelo máis forte, repasa o borde desas figuras sobre cartón, e recótaas no cartón. 
3. Colorea cada figura da cor correspondente, preferiblemente con témperas ou rotuladores, que son pinturas máis cubrentes e durareiras. 
4. Xa tes o teu tangram feito! Podes probar a crear algunha das figuras que xa fixeches, ou facer o cadrado. Recorda gardalas ben todas xuntas, o venres traballaremos un pouco con elas!

- Educación física: e aquí vos deixo, como cada mércores, o traballo que vos deixa o profe David, recordándovos sempre a importancia de seguir facendo exercicio e deporte nesta tempada tan complicada para todos. Tarefa de educación física

- ATENCIÓN: todavía faltan debuxos para os cumples. Se todavía non o fixeches, entra neste documento (documento para elixir debuxo) escribe o teu nome e dalle a gardar. Tes que debuxar o animal que elixas (que estea libre) e mandarme unha foto túa suxeitando o debuxo. MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR.

- ATENCIÓN II: se aínda non mandaches a túa foto coa varita, aínda estás a tempo. Hoxe é o último día, non te despistes. MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR.

     E listo, media semana fóra, e xa estamos de novo na recta final. A verdade é que sodes uns campións, que vos pareceron as actividades de hoxe? Gustouvos o tangram? Espero que si, a min é un xogo que me encanta! Mándovos un bico xigante da vosa profe. 
Dibujo de arco iris - Manualidades

Comentarios