Mércores, 20 de maio

     Bos días de novo pitufines! Por aquí estamos de novo dispostos a traballar, no medio dunha semana que xa nos indica que estamos entrando na última parte do mes de maio, e con isto xa levamos taaaanto tempo sen vernos. Espero que me botedes un pouco de menos, eu a vós sí.

     O traballo para hoxe vos aseguro que é moi faciliño. Empezaremos facendo unha actividade de matemáticas, seguiremos con lingua castelá e os verbos, despois lingua castelá, e xa despois faremos as actividades de educación física e unha manualidade de plástica. Espero que vos divirtades!

- Matemáticas: hoxe imos repasar os ángulos dunha forma moi chula. Tedes que debuxar o voso nome en maiúsculas, utilizando soamente liñas rectas. Cando o teñades, tedes que marcar os ángulos que atopes segundo a seguinte código de cores (ten en conta que cada vértice ten SEMPRE un ángulo):
* Os ángulos rectos márcaos de cor azul.
* Os ángulos agudos márcaos de cor verde.
* Os ángulos obtusos márcaos de cor amarela.

     Por aquí vos deixo o meu exemplo, para que vexades como se fai. Cando teñades o voso, mandádeme unha foto ao correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com


- Lingua castelá: hoxe, para lingua castelá, imos seguir traballando un pouco cos verbos. Nas seguintes fichas tedes moitas palabras: algunhas son verbos, e outras non. Rodeade as palabras que son verbos e, despois, clasificádeos nun folio (por filas ou en columnas) segundo sexan da primeira, segunda ou terceira conxugación: 





- Lingua galega: imos repasar un pouco os determinantes, que xa fai moito que non falamos deles. Imos ver este vídeo, que aínda que está en lingua castelá, sírvenos para repasar os contidos: determinantes. Despois, escribe EN LINGUA GALEGA, cinco frases nas que utilices diferentes tipos de determinantes, rodéaos e di de que tipo é cada un.

- Educación física: por aquí vos deixo a tarefa de educación física desta semana do profe David. Espero que vos guste, e que sigamos facendo moito exercicio cada día para mantervos en forma! A mover o esqueleto.

- Plástica: por último, imos facer unha manualidade moi sinxela da primavera. Cal é o símbolo da primavera? As flores, moi ben. Pois imos facer unhas flores que despois poderedes regalar aos vosos pais, seguro que lles encanta. Necesitaremos: unha palliña (preferiblemente verde), folios de cores (tamén podes pintalos), tesoiras, pegamento, regra, cores (opcional), lapis e goma. Debaixo das instruccións déixovos unha imaxe para que vaiades entendendo ben a manualidade.
1. Colle a palliña que será o talo da nosa flor. Se é de cor verde xa está, senon píntaa por riba con témperas para que quede do color do talo das flores.
2. Nun papel da cor que prefiras, debuxa e recorta tiras de, aproximadamente, 15 centímetros de largo e 2 de ancho. Serán os pétalos da nosa flor, así que podes facelos todos da mesma cor ou mezclar cores.
3. Pega as puntas de cada tira entre sí, creando xa a forma de cada pétalo. Cada tira será un pétalo.
4. Agora faremos o centro da flor. Recorta dous círculos de papel, do mesmo tamaño, e da cor que ti prefiras, tendo en conta que é o centro da flor.
5. Pega as esquinas dos pétalos na parte de detrás dun círculo, unhas ao lado de outras, para que fagan a corola con todos os pétalos ao redor.
6. Pega o outro círculo pola parte de detrás, onde pegaches os pétalos, para que non se vexan as esquinas e quede máis bonito.
7. Pega con pegamento ben forte un dos cículos ao talo (palliña) da flor.
8. Fai as follas recortándoas no papel dúas veces e pegándoas arredor do talo para que queden máis suxeitas.

     E listo, a flor debería quedar máis ou menos como na seguinte imaxe,para que vos fagades unha idea. Podedes engadir, por suposto, todos os detalles que queirades para que quede máis bonita, e encantaríame ver unha foto dos resultados.

Flores de papel muy fáciles para decorar tus manualidades

     E con todo isto rematamos o traballo deste mércores, e xa levamos media semana fóra. Que tal vai? Como a levades? Eu espero que xenial. Mañá volvemos con máis traballiños divertidos, espero todas as vosas mensaxes no meu correo. Un bico e unha aperta moi grandes para vós.
Globo arcoíris✅ por sólo 5,25 €. Tienda Online. Envío en 24h ...


Comentarios