Mércores, 27 de maio

     Boas de novo pequerrechos! Xa estamos aquí a mediados de semana, e sabedes que? Seguro que non o tiñades pensado... pero xa é a última semana se maio! Iso significa moitas cousas: que o curso de está a acabar, aínda que dunha forma un pouco bastante rara, que empeza xuño e con él o verán, e que pouco a pouco poderemos ir saíndo e desfrutando do verán. 

     Pero aínda así, por agora temos que seguir traballando como o estades a facer. Imos repasar coma sempre as tarefas de hoxe: empezaremos con matemáticas, lingua castelá, lingua galega, educación física e remataremos con plástica. Preparados? Pois veña. 

- Matemáticas: hoxe imos facer un xogo online moi faciliño. Nel tedes que copiar o mesmo patrón de cores nos cadrados, para facer debuxos. Parece fácil, pero hai que estar concentrados e fixarse ben. Hainos máis fáciles de máis difíciles, e é un introdución de algo que daremos mañá. Espero que vos guste e que vos saia xenial. Facede varios para practicar: pinta o patrón.

- Lingua castelá: hoxe imos facer unha ficha moi moi sinxela na que tedes que completar as oracións coas formas verbais que correspondan. Cada oración ten ao final o verbo co que hai que completar, pero xa sabemos que non podemos dicir "Yo tener un bolígrafo" verdade? Pois a ver como se vos da. Moi moi fácil, e rápida de facer: completar verbos. RECORDA: CANDO REMATES, ENVÍAA PRIMEIRO Á PROFE, E LOGO CORRIXE. 

- Lingua galega: en lingua galega imos facer un xogo que nos vai axudar a recordar e repasar vocabulario en lingua galega. Únete a Fervello, Xana, Fuco e o seu canciño para ir facendo aventuras con eles, repasando o vocabulario en lingua galega e completar as actividades. Recoméndovos empezar pola cesta 1 e ir cara diante. É un nivel básico que nos vai axudar moito! Vocabulario 

- Educación física: por aquí vos deixo a tarefa que me deu o profe David para vós, non sen antes recordarvos o importante que é manterse en forma e activos! A toda velocidade.

- Plástica: para plástica hoxe vos propoño facer un debuxo como o de matemáticas, pero feito por vós, sen copiar un modelo. Utilizade a vosa creatividade e creade un debuxo super chulo coloreando cadradiños, despois mandádeme unha foto del. Podedes usar como referencia a cuadrícula dunha libreta de cadradiños!

     E listo, rematamos as tarefas por hoxe e xa vai a metade da semana fóra. Está a pasar moi rápido verdade? A realidade é que o estades a facer xenial, seguide así que ides por moi bo camiño. Un bico moi grande e moito ánimo da vosa profe que vos quere moito. 

Cómo nace un arcoíris? - Noticias y datos curiosos - ClubOsi

Comentarios