Mércores, 6 de maio

     Boas de novo chicos! Hoxe, mércores, estamos de novo aquí para traballar un pouquiño. Cada vez faise máis complicado, xa levamos moito tempo así separados, e sei que agora os horarios e todo comeza a ser un pouco diferente. Sodes uns campións por seguir traballando como o primeiro día, a verdade, teño que darvos a gracias polo voso esforzo diario!

    Coma todos os días, vou recordarvos o horario que imos traballar hoxe: empezaremos con matemáticas, seguiremos con lingua galega, despois lingua castelá, e xa despois do recreo e da hora de ler, faremos algo de exercicio con educación física e remataremos a mañá con plástica. Estades preparados? Pois xa!!

- Matemáticas: hoxe imos continuar con algo de xeometría, que xa comezamos a semana pasada diferenciando o que eran polígonos do que non o era verdade? Pois hoxe imos ver que partes teñen os polígonos cun vídeo curto pero moi importante: vídeo dos polígonos. E agora que xa sabemos o que son os lados, vértices e ángulos, imos facer un par de xogos de práctica: xogo de completar a figura e xogo das partes do polígono

- Lingua galega: imos facer unha ficha moi faciliña. Tedes que escribir, en galego, o que acontece nos debuxos que aparecen. Moi fácil e moi rápida de facer. Por aquí vola deixo: expresión escrita.

- Lingua castelá: imos facer un xogo de castelán para repasar os sustantivos e tamén os adxectivos en lingua castelá. Acordádevos que o substantivo é o mesmo que un nome (é dicir, palabras que din como se chaman as cousas: mesa, cadeira, neno, ceo...) e un adxectivo é unha palabra que responde a "cómo é?" unha cousa (azul, grande, pequena, fermoso...). É moi sinxelo, pero acordádevos de ler a parte do enunciado, senón fallaredes por non saber qué facer. Espero que os fagades perfectos: xogo de sustantivos e xogo de adxectivos 

- Educación física: como todas as semanas, por aquí vos deixo o traballo de educación física que vos deixa o profe David. Recordade mantervos activos, que agora que podedes saír da casa é moito máis fácil, e non deixedes nunca de facer exercicio: xogos olímpicos

- Plástica: hoxe, para a actividade de plástica, necesitaremos papel de cociña, rotuladores e un bol con auga. Así de sinxelo. Imos facer dous retos diferentes, e logo un reto creativo. A ver como me sorprendedes, por aquí volos deixo:
* Reto 1: colle un cadradiño de papel de cociña e dóbrao pola metade (coma se fose unha postal). Despois, na parte de dentro fai un debuxo, o que queiras, con rotuladores. Unha vez rematado, pecha a "postal", e mete o trozo de papel pechado nun bol con auga. Verás como o teu debuxo ou mensaxe traspasa o papel. Mola verdade?
* Reto 2: colle un trozo de papel de cociña e dóbrao á metade. Colorea os dous extremos con liñas de cores coma se fose un arco da vella. Cando o teñas, coloca cada extremo nun bol con agua e verás a maxia: o arco da vella vai expandíndose polo papel ata completalo enteiro. 
* Reto creativo: agora é o voso turno. Creade un debuxo libre e grabade como, ao mollarse, o debuxo fai maxia gracias á auga. Eu vos deixo unha proposta: podedes facer como no primeiro caso, pero debuxando por fóra calquera debuxo, e na parte de dentro poñendo cor. Que pasará? A experimentar! Encantaríame ver as vosas creacións en vídeo!

     E ata aquí as tarefas do mércores. E xa levamos media semana fóra, que rápido vai todo isto. Espero que vos o levedes moi ben, e sobretodo tamén as vosas familias. Recordade sempre que un día máis é un día menos para volver! Un bico moi grande para todos e todas vós. 

dibujos de arcoiris a colores - Saferbrowser Yahoo Image Search ...

Comentarios