Boas pitufos e pitufas, hoxe traio unha entrada diferente. Seguro que xa o sabedes, pero dado como todo vai avanzando, parece que a próxima fin de semana xa non teremos a obriga de pasar tanto tempo na casa. E por este motivo, penso que esta entrada de ideas para que fagades nas fines de semana xa está chegando ao seu final.
Si, hoxe será a última entrada deste tipo que teredes no blogue. Por suposto, todas as entradas feitas ata agora non van ser eliminadas, polo que se algún de vós precisa nalgún momento de ideas de cousas para facer na casa ata que volvamos a vernos, sempre ides poder consultalas. Así que por aquí vos deixo as ideas para facer neste finde:
- Noite de peli e palomitas: que vos parece? É unha idea que nunca falla. Eu vola recomendo, e probablemente eu tamén a faga. Collede a vosa peli favorita, ou unha que non vésedes nunca. Facede unhas palomitas, poñédevos cómodos no sofá cos vosos pais e poñede todo oscuro, luces apagadas. Coma se estivéramos nun cine. Se vos apetece, podedes contarme que peli ides ver.
- Xogos online: vouvos deixar por aquí algúns xogos para que xoguedes online. Son divertidos, e bastante chulos a verdade. Espero que vos gusten, hai de todo tipo:
* Puzzles de minecraft: https://www.cokitos.com/puzzles-minecraft/play/ (completa os puzzles)
* Bubble Bubble: https://www.cokitos.com/bubble-bobble/play/ (utiliza as frechas para moverte, o x para disparar e o z para saltar)
*Mahjong: https://www.cokitos.com/mahjong-triple-match-3/play/ (emparella cartas iguais ata quedar sen ningunha no taboleiro)
*2048: https://www.cokitos.com/obtener-2048/play/ (utiliza as frechas para unir entre eles os números iguais e sumalos ata chegar ao 2018. Serás capaz de superalo?)
*Bobble: https://www.cokitos.com/juego-puzzle-bobble/play/ (utiliza as frechas para apuntar e dispara as burbullas do mesmo color xuntas para liberar o taboleiro antes de que se complete)
- Xogos de mesa: son uns xogos moi socorridos para pasar tempos en familia. Hai moitos que precisan dun taboleiro, como o parchís ou o monopoli, ou incluso algúns que precisan de fichas ou cartas concretas, pero existen outro tipo de xogos nos que soamente precisarás un papel e máis un bolígrafo para pasalo xenial. Aquí algúns exemplos:
* Tres en liña: soamente deberás debuxar o taboleiro, e un dos xogadores debuxará x mentres o outro debuxa círculos. O primeiro en facer tres en liña gañará.
*Puntos e caixas: recheade unha folla cuadriculada poñendo puntiños nos vértices dos cadrados. Cada xogador debe ir debuxando liñas por turnos (cada liña será un lado dun cadrado), e cando consigue pechar un cadrado enteiro debe poñer a súa inicial dentro e tócalle outra vez. Ao final, gaña o que teña máis iniciais súas no taboleiro.
Si, hoxe será a última entrada deste tipo que teredes no blogue. Por suposto, todas as entradas feitas ata agora non van ser eliminadas, polo que se algún de vós precisa nalgún momento de ideas de cousas para facer na casa ata que volvamos a vernos, sempre ides poder consultalas. Así que por aquí vos deixo as ideas para facer neste finde:
- Noite de peli e palomitas: que vos parece? É unha idea que nunca falla. Eu vola recomendo, e probablemente eu tamén a faga. Collede a vosa peli favorita, ou unha que non vésedes nunca. Facede unhas palomitas, poñédevos cómodos no sofá cos vosos pais e poñede todo oscuro, luces apagadas. Coma se estivéramos nun cine. Se vos apetece, podedes contarme que peli ides ver.
- Xogos online: vouvos deixar por aquí algúns xogos para que xoguedes online. Son divertidos, e bastante chulos a verdade. Espero que vos gusten, hai de todo tipo:
* Puzzles de minecraft: https://www.cokitos.com/puzzles-minecraft/play/ (completa os puzzles)
* Bubble Bubble: https://www.cokitos.com/bubble-bobble/play/ (utiliza as frechas para moverte, o x para disparar e o z para saltar)
*Mahjong: https://www.cokitos.com/mahjong-triple-match-3/play/ (emparella cartas iguais ata quedar sen ningunha no taboleiro)
*2048: https://www.cokitos.com/obtener-2048/play/ (utiliza as frechas para unir entre eles os números iguais e sumalos ata chegar ao 2018. Serás capaz de superalo?)
*Bobble: https://www.cokitos.com/juego-puzzle-bobble/play/ (utiliza as frechas para apuntar e dispara as burbullas do mesmo color xuntas para liberar o taboleiro antes de que se complete)
- Xogos de mesa: son uns xogos moi socorridos para pasar tempos en familia. Hai moitos que precisan dun taboleiro, como o parchís ou o monopoli, ou incluso algúns que precisan de fichas ou cartas concretas, pero existen outro tipo de xogos nos que soamente precisarás un papel e máis un bolígrafo para pasalo xenial. Aquí algúns exemplos:
* Tres en liña: soamente deberás debuxar o taboleiro, e un dos xogadores debuxará x mentres o outro debuxa círculos. O primeiro en facer tres en liña gañará.
*O aforcado: sempre é un acerto. Un xogador pensa unha palabra e escribe tantas liñas como letras ten. O outro deberá adiviñalo antes de que se debuxe, cos seus fallos, o aforcado.
*Os barcos: nun papel cuadriculado, debuxa de arriba a abaixo nun lado letras dende a A ata a J, e por arriba, en liña, os números do 1 ao 100. Esas serán as coordenadas. Os xogadores colocarán os seus barcos onde prefiran e deberán adiviñar onde colocan os barcos os demais para afundir a súa flota antes de que afundan a súa. Un xogo moi sinxelo e divertido.
*Quen é quen?: escribe nun post it os personaxes que prefiras. Cada xogador colócase o papel na frente, de forma que os demais vexan quen é, pero el non. Facendo preguntas que se respondan con si ou non debe adiviñar quen é. O primeiro en adiviñalo, gaña o xogo.
E listo. Estes son só algúns dos xogos de lapis e papel, hai moitos máis, e como vedes son moi moi divertidos. Estupendos para pasar unha tarde xogando cos nosos amigos se non temos máis materiais que un bolígrafo ou lapis e un papel. Se vos atrevedes a xogar a algún deles, encantaríame velo e que me contarades se vos gustou ou non. Unha aperta moi grande!
Comentarios
Publicar un comentario