Tangram, circuito de dominó e xogos

    Boas pequenos! Xa rematamos a semana e seguro que tedes moitas ganas de desconectar e descansar un pouco verdade? Eu tamén. O problema é que moitas veces eses días de descanso fánsenos eternos porque non temos moitas cousas que facer... e ao final aburrímonos!

     Pois para evitar o aburrimento, hoxe tráiovos un par de cousiñas interesantes para que poidades facer vós ou incluso en familia e pasalo moi ben. Por suposto, se queredes máis recomendacións soamente tedes que buscar polo blogue calquera das entradas de fin de semana, das tardes ou de recomendacións dos compis, que tedes moitísimas ideas para facer!

     E sen máis dilación, por aquí vos deixo as propostas para esta finde: 

- Tangram: agora que xa o tedes feito, e que vedes que é un xogo moi moi chulo, vouvos deixar por aquí un "libriño" con moitísimas figuras para copiar, que inclúe tamén as solucións. Seredes capaces de facelas? Ademais, tamén podedes facelo en nivel competitivo, cronometrándovos e intentando superar os vosos tempos ou incluso coa familia. E, por suposto, creatividade ao poder, podedes crear as vosas propias figuras. Por aquí vos queda: libro de tangram.

- Xogos online: hoxe vouvos propoñer, a maiores do tangram (se queredes o xogo online, só teredes que ir á entrada do mércores) algún xogo chulo para pasalo ben. Neste caso, escollín os seguintes, espero que vos gustes: teclado virtual, neste xogo teredes que intentar pulsar a tempo as teclas do teclado para poder tocar a canción con ritmo, xogo de figuras, neste xogo tedes que intentar construir as figuras con outras que che dan, é un dos meus favoritos!, Sonic! e por último outro dos meus favoritos, o xogo de Sonic, super divertido. 

- Circuito de fichas de dominó: por aquí vos deixo un vídeo super chulo do efecto dominó. Atrevédesvos a facer algo parecido? Encantaríame ver os vosos vídeos se o facedes, a min sempre me gustou moito facer cousas así: efecto dominó

     E ata aquí por hoxe, tedes tres propostas moi chulas para poder facer na fin de semana e que non pasedes o tempo aburridos. Por certo, mañá tamén teremos no blogue unha entrada moi chula adicada a unha das vosas compis... pasádevos polo blogue para vela! Un bico grande a todos chicos.

Conjunto de juegos infantiles, estilo de dibujos animados | Vector ...

Comentarios