Venres, 15 de maio

     Ola chicos e chicas! Aquí estamos de novo dispostos a rematar a semana con moita enerxía, porque os venres son días moi divertidos e nos que aprendemos moito, pero coma sempre, intentamos facelo xogando verdade? Hoxe temos unhas actividades divertidas para facer. Espero que vos gusten moito e destrutedes con elas.

     Como todos os días facemos, vouvos recordar o horario de hoxe: empezaremos con matemáticas, despois teredes as tarefas de educación física, continuaremos coas tarefas de música, e despois do recreo e da hora de ler seguiremos con lingua galega, e terminaremos con ciencias naturais hoxe. Preparados? Sei que si, imos aló!!

- Matemáticas: imos poñer en práctica o xogo do tangram, vos parece? Vouvos deixar por aquí algúns retos para que os fagades coas pezas que tedes creadas do outro día, e encantaríame ver fotos das vosas creacións. Na publicación da tarde, deixareivos un documento con moooooooitas figuras máis (e coas solucións) para que poidades xogar moito esta fin de semana. Tedes que elixir mínimo 3 RETOS para facer na tarefa de hoxe, de todos os que vos deixo aquí. (Déixovos tamén a solución, pero intentádeo facer sen mirar primeiro).





- Educación física: despois de recordarvos, coma sempre, a importancia de facer moito exercicio cada día, especialmente nestes días que nos estamos a mover menos, déixovos o traballo que vos deixa o profe David para facer en educación física esta semana: tarefa de educación física

- Música: coma sempre, aquí vos deixo tamén o blogue da profe de música, ao que teredes que ir para buscar que actividades tedes que facer hoxe para esta asignatura: blogue de música.

- Lingua galega: hoxe, para traballar lingua galega, imos rematar as actividades coas que conmemoramos a semana das letras galegas esta semana. O equipo do cole preparou unhas actividades super chulas. Tedes que ir ao seguinte enlace e seguir as instruccións que vos dan: actividades semana das letras galegas.

- Ciencias naturais: e rematamos con ciencias naturais. Hoxe imos construir unha polea sinxela. Como sabedes, o truco da polea está en que é moooito máis fácil facer forza cara abaixo que cara arriba, e por iso se construiu. Para construir a polea faremos o seguinte:
1. Necesitaremos un fío ou corda (un fío de lá, por exemplo) e un cubo ou recipiente pequeño, preferiblemente que teña asa. 
2. Atamos un extremo do fío á asa do recipiente ou o cubo. 
3. Utilizaremos unha manilla da porta como "roda" da nosa polea. Colocamos o fío de forma que quede un extremo a cada lado da manilla.
4. Deixamos o cubo colgando da manilla, e collemos o outro extremo. Ao tirar dese extremo cara abaixo, subiremos o cubo polo outro lado. Mola verdade?
5. O reto de hoxe: inventa un xogo coa polea. A que podemos xogar? Como se xogaría? Se queres, podes mandarme o teu xogo ao correo, e compartireino cos compañeiros. 

     E listo, unha nova semana lista. E así nos atopamos xa a mediados do mes de maio. A verdade é que isto estase a facer un pouco longo, pero ben sei que estades sendo moi responsables, traballadores e uns campións. Estou moi moi orgullosa de todos vós, seguide así. 
Dibujos animados de arco iris de colores - Descargar PNG/SVG ...

Comentarios