Venres, 22 de maio

     Bos días!! Hoxe é venres, e xa remata esta semana. E, como vos dixen o luns, aínda está un pouco no aire o que vai ocorrer a partir do luns. Hoxe, en teoría, deberíamos saber algo máis. De entrada, nós seguimos traballando coma os campións que somos e o estamos a demostrar. Seguide así, estou moi moi orgullosa de cada un de vós!

     No horario de hoxe teremos matemáticas para comezar, despois continuaremos co traballo de educación física, música a terceira hora, e xa despois acabaremos con lingua galega e con ciencias sociais. Preparados? Imos aló. 

- Matemáticas: hoxe, en matemáticas imos poñer a proba algo que aprendimos esta semana. Sabemos que o círculo e a circunferencia son dúas cousas diferentes, verdade? E que, por suposto, non son polígonos. Hoxe imos aplicalo: tedes que facer un debuxo libre utilizando SOAMENTE círculos e circunferencias. Se tedes un compás en casa, podedes usalo para facelos, senon recoméndovos coller cousas con formas circulares de diferentes tamaños (por exemplo un lapiceiro, unha moeda, o cartón dun rollo de papel, un bote de desodorante...). Quero ver a vosa creatividade! Enviádeme os debuxos ao correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com

- Educación física: por aquí vos deixo coma sempre o traballo do profe David para esta semana. Recorade facer moito exercicio para mantervos activos!! A mover o esqueleto

- Música: e para facer música, coma todos os venres déixovos por aquí o blogue da profe de música para que busquedes nel a vosa tarefa para o día de hoxe: ruteando coa música.

- Lingua galega: hoxe imos probar a facer unha actividade moi sinxela de lingua galega. Imos facer a mesma primeira actividade dos verbos, pero en galego. Para iso tes que pensar e escribir 5 verbos da 1º conxugación, 5 da 2º conxugación e 5 da 3º conxugación. Fácil non? Recorade: é en lingua galega, coidado con como escribides os verbos

- Ciencias sociais: hoxe tedes que recuperar a folla de onte, na que apuntáchedes os traballos dos vosos familiares na folla, poñendo a que sector pertencían. Recordades como se facía unha táboa de frecuencia? Pois iso imos facer con estes datos hoxe. Na seguinte táboa, escribide cantas persoas tedes que pertenzan a cada sector, separando os homes e as mulleres, e despois sumade para poñer o total. Por suposto, o próximo día faremos unha gráfica sinxela con isto, así que non perdades de vista a tarefa de hoxe! táboa de frecuencias dos sectores.

     E listo, con isto rematamos as tarefas da semana. Fáciles verdade? Cal vos gustou máis de todas? Gustaríame saber as vosas respostas. Mándovos un bico moi moi grande, e pasádeo moi ben este finde. Xa veremos que ocorre a próxima semana. 

SU PEQUEÑO MUNDO: CUENTO: EL ARCO IRIS

Comentarios