Venres, 29 de maio

    Ola a todos! Hoxe é un día moi bo, seguro que todos pensades igual, a que si? Hoxe rematamos as tarefas de maio, xa que o luns cando comecemos de novo xa estaremos en xuño! E ademais, como é venres, tamén estamos a piques de entrar na fin de semana, que seguro que tamén tedes moitas ganas. 

    Así que rápidamente vouvos deixar as tarefas, para que fagades e rematedes, e así poidades comezar a desfrutar da vosa fin de semana e do tempo libre. Recórdovos que hoxe, dado que avanzamos de fase e agora xa non temos a obriga de pasar tanto tempo na casa, xa non haberá entrada pola tarde de xogos para a finde. Pero, por suposto, se alguén necesita ideas podedes consultar as anteriores!

    Imos a recordar o horario: comezamos con matemáticas, educación física e música, e despois remataremos cunha actividade de lingua galega e ciencias sociais. Preparados? Veña, que xa rematamos a semana!

- Matemáticas: hoxe seguimos de repaso, imos facer problemas. Igual que a última vez, déixovos por aquí un documento con varios problemas diferentes. Tedes que elixir CINCO diferentes e tedes que facelos como o facemos na clase (recordade: facede a cruz e as diferentes partes para resolvelos): problemas. Copiade o enunciado na folla para poder facelo correctamente. 

- Educación física: este é o traballo que vos deixa para esta semana o profe David. Recordade facer moito exercicio, que é moi necesario manternos activos!A toda velocidade.

- Música: coma sempre, aquí vos deixo o blogue de música para que entredes e busquedes as actividades que lle corresponden ao voso curso: ruteando coa música

- Ciencias Sociais e lingua galega: para rematar o día, imos facer unha actividade conxunta destas materias, e rematamos así tamén o tema dos traballos. Xa coñecemos moitísimos traballos diferentes, e seguro que ti tes algún na cabeza que che gusta moito. E que che gustaría ser de maior? Para isto, debes responder ás preguntas da seguinte ficha e despois escribir toda esa información xunta nun texto. Por aquí vola deixo: o meu traballo ideal.

      E con isto rematamos as tarefas da semana. Fáciles verdade? Pois agora toca desfrutar do novo tempo libre, dun novo fin de semana para facer cousas e ir saíndo pouco a pouco de casa e recuperar a normalidade. Iso si, MOI IMPORTANTE! Con responsabilidade! Moitos bicos!



Onda abstracta del arco iris sobre un fondo blanco - Descargar ...

Comentarios