Venres, 8 de maio

     Bos días de novo! Xa estamos aquí para rematar a primeira semana de maio de traballo. Como foi? Eu penso que moi fácil, a maioría foi de repaso, e o que dimos novo era taaaan fácil que seguro que xa volo sabedes máis que de memoria! Así que hoxe, imos rematar o que xa empezamos, e facer algunhas actividades máis. 

     Coma sempre, empezaremos recordando cal será o horario do día de hoxe, que será o normal dos venres: empezaremos con matemáticas, despois continuaremos con educación física, despois música, e remataremos con lingua galega e ciencias naturais despois do recreo e da hora de ler. 

- Matemáticas: continuamos traballando a xeometría. Para iso, agora que xa sabemos o que é un vértice, un ángulo e un lado dos polígonos, imos poñelo en práctica na seguinte ficha. É moi moi faciliña, soamente tedes que contar: ficha sobre polígonos

- Educación física: por aquí vos deixo de novo a tarefa desta semana do profe David, non sen recordarvos primeiro, e coma sempre, que vos manteñades sempre activos de corpo e de mente, xa que sabemos que é moi bó para a saúde. xogos olímpicos

- Música: tamén vos deixo aquí o blogue de música, no que tedes que entrar cada semana para buscar a actividade que vos toca facer e, por suposto, facela. Blogue de música.

- Lingua galega e ciencias naturais: agora que xa sabemos o que é unha panca, imos xogar con ela. Seguro que xa víchedes que no noso día a día utilizamos moitísimas pancas, pero unha das pancas que non utilizamos tanto, a catapulta! Si, imos xogar ao baloncesto coas pancas, a ver que tal se vos da.
1. Necesitaremos: unha regra, un rollo de papel (será o punto de apoio), unha goma, e un bol.
2. Construimos a catapulta: colocamos o rollo de papel no chan, poñemos a regra enriba, e a goma nun dos extremos. Ao lado contrario da goma, faremos a forza.
3. Colocamos o bol (será a nosa canasta) ao lado da catapulta, polo lado contrario á goma.
4. Facemos unha proba: damos un golpe seco nun extremo da regra, e a goma do outro extremo sairá despedida voando.
5. Repetimos as tiradas ata conseguir encestar tres canastas. Cantos intentos me leva?
6. Podes facer un concurso con algún familiar, xogar en equipo, ou facer competicións. Sorte!

     E listo, con este xogo tan chulo rematamos a semana, espero que o pasedes ben, que aprendades moito, e sobretodo que esteades sempre cunha actitude positiva. E recordade, como vos digo sempre: UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS. Unha aperta xigante chicos!

Precioso arcoiris con el sol | Vector Premium

Comentarios