Xoves, 14 de maio

     Boas de novo! Aquí estamos un día máis, hoxe é xoves, xa está a rematar a semana, e seguro que empezades este día con moita enerxía, coma min, e con ganas de facer cousas divertidas. Preparados? Imos aló! 

     De novo, como cada día, recórdovos o horario que seguiremos: empezamos facendo unha actividade de lingua galega, unha de lingua castelá, e xa despois do recreo e da hora de ler acabaremos facendo unha actividade de ciencias sociais. Empezamos: 

- Lingua galega: hoxe imos traballar un pouquiño de repaso dos contidos que xa dimos ao longo do curso. Para iso necesitas un papel e un lapis ou bolígrafo. Segue as instruccións: 
1. Escribe o nome (uns debaixo de outros, deixando un espazo entre palabras) en galego de cinco obxectos que teñas ao teu redor. 
2. Ao lado de cada nome, sepárao en sílabas poñendo guions entre elas. 
3. Rodea a sílaba tónica de cada palabra. 
4. Escribe o xénero e o número de cada palabra (se xa non te cabe ao lado, podes facelo no seguinte renglón). 
5. Escribe un adxectivo que sirva para definir cada unha das palabras. Recorda que o adxectivo responde á pregunta "como é?" e que debe ter o mesmo xénero é número. 

- Lingua castelá: imos dar unha nova norma de ortografía. É a seguinte: antes da letra r e da letra l, sempre se escribe B. É dicir, escribimos bla, ble, bli, blo blu e bra, bre, bri, bro, bru. Nuna vla nin vru. Sabendo isto, imos poñelo en práctica con este xogo: xogo br e bl.

- Ciencias sociais: imos continuar investigando sobre os traballos. Hoxe imos facer unha actividade moi parecida á do outro día, pero neste caso do sector secundario. Así que primeiro busca: que é o sector secundario? que tipos de traballo hai do sector secundario? Despois, escolle un traballo do sector, e cubre a seguinte ficha: o sector secundario

     E listo, xa acabamos as tarefas do xoves. Vedes que rápido pasa a semana? Mañá xa é venres. Coma sempre, calquera dúbida que teñades podedes escribirme sen problema ao meu correo: tercero.viladerutis@gmail.com. A min encántame recibir as vosas mensaxes, falar convosco e ver todo o que estades a traballar nesta tempara. Un bico grande!


dibujos de arcoiris a colores - Saferbrowser Yahoo Image Search ...

Comentarios