Xoves, 21 de maio

     Bos días de novo, estamos xa a xoves e preparados para traballar. Como levades o traballo online? Eu teño que dicir que estou moi contenta, porque a verdade é que estades a traballar moi ben e moito. Teño ganas de poder volver a vervos no cole, e recuperar a nosa normalidade, pero estou orgullosa do voso comportamento durante esta tempada extraña. 

    As tarefas de hoxe farémolas seguinte o horario habitual: comezaremos con inglés, despois faremos lingua castelá, seguiremos con ciencias sociais, despois lingua galega, e remataremos con ciencias naturais. Imos co traballo. 

- Inglés: as tarefas que me manda a profe Nati para vós hoxe son as seguintes.Activity Book, page 43, exercises 24 and 25.

- Lingua castelá: hoxe imos continuar un pouquiño aprendendo cousas dos verbos. Por aquí vos deixo un vídeo para que vexades, e escoitedes ben, coa tarefa que tedes que facer ao final. 


- Ciencias sociais: agora que xa coñecemos moitas cousas sobre as profesións e os diferentes sectores do traballo, imos levalo á nosa familia. Preguntade á vosa familia (pai, nai, tíos, primos...) a que se dedican e apuntádeo nun papel (ou no ordenador se preferides), escribindo ao lado a que sector pertence ese traballo. Por exemplo: a miña nai é caixeira nun supermercado: sector terciario. 
*Gardade esa folla ou documento do ordenador, para seguir traballando con ela outro día. 

- Ciencias naturais e lingua galega: imos facer un pequeno traballo, que nos levará tres sesións (iso quere dicir que non tedes que facelo todo agora, senón repartir as tarefas). O traballo vai tratar das máquinas compostas ou complexas, que é o último que estabamos a facer. 
1. Escolle unha máquina composta. Será sobre a que vas investigar. 
2. Busca información sobre a súa evolución. Estas preguntas poden servirte de guía para saber que buscar: quen o inventou? cando se inventou? como era ao principio? como funcionaba? como foi evolucionando? que cambios lle fixeron? como é actualmente? como funciona agora? que diferencias hai entre o principio e agora? 
3. Apunta a información que vaias coñecendo nun folio, libreta ou papel, e escríbea en lingua galega, xa que o traballo será nese idioma e podes confundirte despois. Podes usar este documento: máquinas complexas
4. Cando teñas toda a información, escríbea con boa letra e presentación nun folio ou cartolina, acompañado de debuxos e de coracións, e recorda poñerlle un título (o nome do traballo). 
*Importante: o traballo final debe estar escrito en lingua galega. Utilizaremos a sesión de hoxe, a do martes e a do próximo xoves para facer este traballo. Recorda: primeiro busca a información, e despois o pasas ao traballo. Se traballas de forma ordenada, terás mellores resultados. 

     E listo, aquí rematamos as tarefas de hoxe. Espero que non vos resultaran moi complicadas, xa sabedes que eu non poño cousas moi difíciles, verdade? Mañá acabaremos a semana con novas tarefas para facer. Un bico moi grande. 

El arco iris muestra los colores del espectro visible. - Supercurioso

Comentarios