Xoves, 28 de maio

     Boas de novo! Hoxe continuamos traballando pero xa con ganas de que chegue a fin de semana verdade? Xa queda cada vez menos e agora parece que a fin de semana vai dar para que fagamos moitas máis cousas e seguro que o pasades xenial.

     Antes de empezar a facer as tarefas, imos recordar unha vez máis de que asignaturas toca traballar hoxe: inglés, ciencias sociais, lingua castelá, ciencias naturais e lingua galega. Pero xa vos aviso que son cousas moi fáciles, así que imos co traballo.

- Inglés: a profe Nati déixavos estas tarefas para que fagades hoxe. Vocab App (Find the pairs and Word Maze).

- Lingua castelá: imos continuar un pouquiño con cousas dos verbos, e para iso déixovos outro vídeo no que vos explico un pouquiño máis sobre os verbos, e ao final vos conto a actividade que tedes que facer. Veña, que é moi fácil.



- Ciencias sociais: en ciencias sociais imos seguir cos traballos, e para iso hoxe temos un pasapalabra dos traballos. Se tedes dúbidas sobre algún traballo, podedes consultar internet para que vos axude, pero penso que podedes sabelos todos sen problema: pasapalabra dos traballos.

- Ciencias naturais: rematamos o traballo sobre as máquinas. Como a información xa deberíades tela buscada, e soamente estar poñendo o traballo bonito, non vos volvo deixar as instruccións. Se alguén as precisa todavía, recordade que as tedes na entrada do martes. Cando teñades o traballo feito e rematado, mandádeme unha foto con el!

- Lingua galega: para rematar, imos volver a ver outro capítulo de Código Lyoko, recorades esta serie? Vouvos deixar o enlace para o capítulo dos, pero se alguén xa o viu, sempre pode ver o seguinte, non hai problema. Espero que vos guste e vos enganche como a mín! código Lyoko.

     E con isto rematamos o xoves, e case vai fóra unha semana máis. Como o estades a levar? Espero que xenial, porque as tarefas xa vedes que son faciliñas e intentamos que sexan divertidas para vós. Un bico grande, e moito ánimo que xa se acaba a semana, campións!

LOS PEQUES DEL CRISTO: Investigamos por qué se produce el arco ...




Comentarios