Xoves, 7 de maio

     Bos días pequerrechos! Hoxe, xoves, estamos case rematando unha semana curtiña, e así xa irá fóra a primeira semana de maio. O tempo está a correr moito, e eu bótovos de menos. E vós? Que pensades? Escribídeme se queredes e me contades o que sentides respecto a todo isto.

     Coma sempre, vouvos deixar por aquí cal será o horario que faremos hoxe, que será o habitual, empezando por inglés, como todos os xoves, logo faremos unha actividade de lingua castelá, un par de xogos de ciencias sociais, e unha actividade de naturais. Imos aló? Pois veña.

- Inglés: as tarefas de inglés para a sesión de hoxe son as seguintes. Na mesma páxina e cos mesmos usuarios e contrasinais, recordádeo. Accedede a Activity book, page 42, exercise 20.

- Lingua castelá: hoxe vamos traballar con adiviñas! Por aquí vos deixo unha páxina na que podedes buscar algunhas adiviñas. Escollede 5 diferentes, as que máis vos gusten, do tema que sexa, e escribídeas nun papel, xunto coa resposta. Reto: atrevédesvos a retarme? Grabádevos un vídeo dicíndome unha adiviñanza, a ver se son capaz de adiviñala. Prometo non mirar as respostas! Veña, que quero adiviñas moi difíciles, seinas todas!! busca adiviñas

- Ciencias sociais: hoxe, en ciencias sociais, imos repasar un pouquiño cousas do universo. Para iso, déixovos por aquí tres xogos diferentes. O primeiro é unha sopa de letras dos diferentes corpos que podemos atopar no universo (coidado, as palabras poden estar en calquera posición, incluso do revés), e despois un xogo de preguntas e outro de sinalar os planetas. Aquí os tedes: sopa de letrasxogo de preguntas e os planetas.

- Lingua galega e ciencias naturais: as últimas semanas empezamos, en ciencias naturais, a coñecer algunhas máquinas sinxelas, verdade? E coñecimos a rampa. Pois hoxe imos buscar información sobre outra máquina simple: a panca. Busca e responde, por escrito, ás seguintes preguntas: qué é unha panca? como funciona? que partes ten? para qué serve? que obxectos coñeces que teñan forma de panca? 

     E listo, hoxe foron pouquiñas actividades, pero intensas. Moito ánimo que xa está a rematar a semana, e pouco a pouco achegámonos ao final destes días de estar separados, aínda que a normalidade que nos espera é unha normalidade diferente da que coñecemos, cando menos de momento. Un bico para todos, chicos, e moita forza e ánimo ás vosas familias!

Arco Iris 6 Colores PNG transparente - StickPNG

Comentarios