Cuarta palabra

     Benvidos ao penúltimo día de clases! Estades preparados para adiviñar a palabra de hoxe? Estou segura de que si, e de que o estades a facer xenial. Mañá poderedes descubrir cal é o premio por ter adiviñadas todas as palabras. Aínda hai algunha que non sabes ou tes dúbidas? Non pasa nada. Mañá tamén poderedes comprobar que as teñas todas ben. Empezamos como cada día, coas especialidades:

- Inglés: a tarefa que me deixa a profe Nati para vós neste último día de clases de inglés é a seguinte. Tedes que facer o seguinte xogo en inglés: summer matching.

A palabra que temos que adiviñar hoxe é.... UN ALIMENTO!

- Actividade 1: como todos os alimentos, sabemos que dependendo do lugar onde se atope na pirámide alimenticia será máis ou menos bo, verdade? Imos recordar iso da pirámide alimenticia. Por aquí vos deixo un vídeo para que o vexades, recordedes, e pensedes: o noso alimento hai que tomalo todos os días. Que será?


- Actividade 2: imos repasar o aprendido nesta outra actividade. Avísote: en varios dos exercicios faise referencia ao noso alimento misterioso, fíxate ben!: a pirámide alimenticia.

- Actividade 3: sabemos que os alimentos poden ser de orixe animal, vexetal ou mineral. Clasifica os seguintes alimentos e fíxate ben: que columna queda máis grande? Esa será a orixe do alimento que estamos a buscar. Veña, que xa estamos moi cerca! orixe dos alimentos
*Facede vós a actividade co que sabedes, non vos fiedes moito dos resultados porque por algún motivo esta ficha non se corrixe como debería. 

- Actividade 4: xa sabemos moito do noso alimento, pero siguen podendo ser moitos verdade? Pois aquí tedes a última das actividades. Trátase dun xogo. Pulsade no "Hagman" (aforcado) ou "Anagrams" (anagramas: as letras da palabra desordeadas) para tratar de adiviñar todas as palabras ocultas. Hai 8 en total. Que teñen en común todas elas?
*Se non te funciona a actividade no blog, pincha neste enlace: adiviña as palabras.

.
     Xa tes a palabra? Por se non a tes todavía, déixote por aquí un par de enlaces extra moi interesantes para aprender máis deste alimento e que seguro que así o tes máis claro. 

     Agora seguro seguro que xa a tes. Recorda apuntar a cuarta palabra, pero en galego, como todas as demais. Mañá xa é o último día, tocará a última palabra (moito máis curtiña de acertar) e descubrir o premio que esconden as palabras chave. Mañá é o último día do curso, e teño pensadas algunhas sorpresiñas para vós que espero de todo corazón que vos gusten moito. Ata mañá pequenos aventureiros! E espero que o estedes pasando ben esta semana.  
Lupa Transparente Búsqueda - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

Comentarios