FAMILIAS. Fichas para a semana 8.06

    Bos días familias, hoxe volvo traer as fichas que utilizaremos esta semana. Como xa sabedes, estamos intentando utilizar moito a páxina das fichas interactivas, que permite un aforro importante para vós, e por ese motivo as fichas son cada vez menos. Aínda así, esta semana utilizaremos un par de fichas para traballar algún concepto novo.

- Martes: utilizaremos a seguinte ficha sobre suxeito e predicado. Se non se pode imprimir, como son oracións simples pódense simplemente copiar nunha folla, polo que non é obrigatoria. 

- Xoves: tampouco é obrigatoria esta ficha do xoves. Neste caso, trátase desta ficha de naturais que tamén a terán en formato interactivo, pero adxúntovola por se é máis cómoda para traballar en papel. 

     E listo, o resto de fichas e materiais serán interactivos. Se alguén ten interese en telos tamén para imprimir, infórmovos que algunha das fichas que facemos teñen unha opción enriba que pon "imprimir ficha en formato PDF", polo que tamén podedes telas dese modo. Agardo que vos sexa de axuda e coma sempre quedo á vosa disposición para todo o que precisedes a través do correo. 

Comentarios