Luns, 1 de xuño

     Bos días chicos! Sabedes que día é hoxe? Si, hoxe é o primeiro día do mes de xuño. Que significa iso? Pois que empezamos no último mes de clases. Hoxe quedan tres semanas para que remate o curso. Xa sabemos que este curso está sendo un pouco extraño, e incluso complicado, e que traballar nestas condicións é difícil, pero agora cada vez queda menos, e entramos agora na recta final!

     Nestas semanas que quedan, faremos xa moitas cousiñas de repaso, para que todos teñamos ben aprendidas as cousas deste curso tan extraño. Moito ánimo para este último tramo de clases, e por suposto recórdovos que estou moi moi orgullosa de todos vós. 

Como cada día, empezaremos recordando o horario: hoxe empezaremos con matemáticas, faremos un par de fichas de lingua castelá, inglés e faremos unha actividade de ciencias con lingua galega. Imos!

- Matemáticas: hoxe tráiovos un vídeo un tanto diferente, para explicarvos que é a simetría.


     Tedes que facer a tarefa que propoño no vídeo, nun folio ou nunha libreta, e ademais facer tamén o xogo desta páxina web: xogo de simetría

- Lingua castelá: seguimos traballando os verbos. Imos facer a seguinte ficha, pero facéndoa na páxina web. Lede con coidado cada oración, e pulsade soamente na casilla que corresponda para cada oración segundo sexa en presente, pasado ou futuro. Acordádevos despois de MANDARME OS RESULTADOS antes de corrixir, ao correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com 

*Truco: busca o verbo e pregúntalle "cando?". Iso vos axudará a saber se é agora, xa foi ou será. Déixovos por aquí o enlace para a ficha: pasado,presente e futuro.

- Inglés: a tarefa que tedes que facer hoxe de inglés é a seguinte. Unit 6, Storyteller (Shark Attack!) and Tell the story. Escoitamos e vemos o conto con atención e deducimos de qué trata a historia e fixándonos ben nas viñetas. Podes poñelo as veces que faga falta. 

- Ciencias sociais e lingua galega: por aquí vos deixo tamén outro vídeo faciliño sobre as materias primas e os produtos elaborados. Despois, facede a tarefa que plantexo nel. 



     Podedes facelo nun folio, ou utilizar a seguinte ficha: materias primas e produtos elaborados.

     E listo, con isto rematamos as tarefas do luns. Foron fáciles verdade? Espero que todo siga xenial, e que esteades desfrutando da nova liberdade que temos. Pouco a pouco recuperaremos a normalidade todos xuntos, pero recordade, sempre con responsabilidade. Un bico moi moi grande!

De dónde viene el arcoíris - Historia de la Vida


Comentarios