Luns, 8 de xuño

     Boas chicos, empezamos unha nova semana chea de enerxía. Esta semana é unha moi especial, xa que é a penúltima semana de clases, que vos parece? O tempo está pasando moi rápido e xa queda únicamente un empuxón final antes de dar o curso por rematado. 

     Precisamente por este motivo, e como a última semana vai ser soamente de repaso, nesta semana imos dar as últimas "cousas novas" que poño así entre parénteses porque moi novas non son, e moi difíciles tampouco. Espero que sigades traballando así de ben, xa queda nada!

     Empezamos igual que sempre, recordando o horario: empezaremos con matemáticas, despois faremos lingua castelá, e despois inglés, lingua galega e ciencias sociais. Imos!

- Matemáticas: empezaremos repasando as táboas de multiplicar. Para iso, déixovos uns puzzles que tedes que facer completando coas fichas que correspondan a cada multiplicación. Hoxe imos facer os de unhas cantas táboas, a ver como se vos dan! 

- Lingua castelá: un exercicio de repaso moi fácil. Tedes que escribir nunha folla un debaixo de outro os nomes da vosa familia (o voso, os dos vosos pais, tíos, primos e avós). Despois, ao lado de cada un, tedes que separalos en sílabas, rodear a sílaba tónica (a máis forte) e escribir ao lado se son agudas, llanas ou esdrúxulas. Por aquí vos deixo un vídeo de repaso por se non vos acordades da última parte: aguda, llana, esdrújula. Despois, mandádeme unha foto!

- Lingua galega: continuamos repasando ortografía. Para iso, tedes que facer as seguintes fichas e, cando estean feitas e completas, enviarmas a ver como se vos deros. Son moi fáciles, pero hai que concentrarse para facelas ben. 

- Inglés: para hoxe de inglés tedes que facer o seguinte. Pupils Book, page 47, exercise 5. Xa sabedes que tedes que entrar na páxina de sempre para facelo online. 

- Ciencias Sociais: esta semana, en ciencias sociais, imos dar un pouquiño de educación vial. Que significa eso da educación vial? O primeiro que debes saber é que hai moitos elementos nas rúas, e para a nosa seguridade é importante coñecelos todos: están os peóns, os vehículos, as calzadas, as sinalizacións horizontais, as sinalizacións verticais, os semáforos e os axentes. Imos empezar coñecendo as normas de circulación para peóns e vehículos. É moi importante facer todas as tarefas para poder realizar o traballo que tedes que facer ao final da semana.
*Aforcado da seguridade vial: neste xogo do aforcado tedes que adiviñar as palabras que vos definen sobre seguridade vial. Seredes capaces de conseguir os 1000 puntos? Eu o conseguín!
*Move a Andrea: neste xogo tedes que mover a Andrea hacia os diferentes puntos, e contarache cousas moi interesantes sobre cómo actuar. Ademais, tamén teredes algún xogo

     E listo, rematamos por hoxe. Espero que os exercicios non vos resultaran moi difíciles e, sobre todo, que aprendérades cousas novas que tamén é moi importante. Moito ánimo porque con esta semana xa nos acercamos moito ao final do curso. Un bico grande da profe para todos e todas vós. 
colores del arcoiris - Buscar con Google | Colores del arco iris ...

Comentarios