Martes, 2 de xuño

     Boas de novo! Hoxe estamos aquí outra vez para continuar traballando e repasando todas as cousas que temos na cabeza, para que non se nos vacíe. E como non, xa vai un día máis fóra, e xa cada vez está máis preto o verán. Tedes ganas? Que é o que máis ganas tedes de facer? Contádeme no correo, sabedes que me encanta saber de vós. 

     Como todos os días, imos comezar hoxe repasando o horario: empezaremos con matemáticas de repaso, continuaremos con valores ou lingua relixión, despois inglés, e xa despois faremos unha actividade de ciencias naturais. Empezamos!

- Matemáticas: hoxe en mate imos repasar algúns conceptos do tempo, calendario e demais. Para iso, imos facer as seguintes fichas. Son varias, pero sinxelas para practicar.Tede en conta que o resto de traballo é moi fácil, por iso faremos un pouco máis de matemáticas. Recorda darlle a ENVIAR Á PROFE e poñer o meu correo (tercero.viladerutis@gmail.com) antes de corrixir:
*Ordena os meses arrastrándoos ao seu lugar
*O calendario de Maio
*Ano 2020

- Valores: hoxe vouvos deixar un corto para que vexades e reflexionedes sobre el. Cando o acabedes de ver, gustaríame que me escribísedes un correo e me contásedes: que credes que nos pretenden ensinar con esta curta? Por aquí vola deixo: curta de valores.

- Relixión: por aquí vos deixo o blogue de reli, como todos os martes, para que miredes as tarefas que vos toca facer hoxe: reli no vila.

- Inglés: por aquí vos deixo o traballo da profe Nati para o día de hoxe. Storyteller: review the story. Sequencing and matching activities. 

- Ciencias naturais e lingua galega: aquí vos deixo un pequeno vídeo sobre os materiais para completar o que fixemos onte. Facede a tarefa que vos propoño nun folio ou nunha libreta. Moi fácil!



     E listo, con isto rematamos o martes, e xa case case estamos a mediados de semana. Parástevos a pensar no rápido que está pasando a tempo? Da ata medo! Espero que vos vaia todo xenial, e xa sabedes que se tedes algunha dúbida sobre calquera cousa, podedes consultarme sen problema no meu correo de sempre: tercero.viladerutis@gmail.com Unha aperta enorme para todos e todas!

colores del arcoiris - Buscar con Google | Colores del arco iris ...

Comentarios