Martes, 9 de xuño

     Boas de novo! Imos co segundo día de traballo. Hoxe ademais tocan cousas moi fáciles, así que seguro que o ides a facer xenial. Moito ánimo, que xa queda menos! 

     O horario que seguiremos hoxe será o habitual: empezaremos con matemáticas, despois faremos reli ou valores, seguiremos con inglés, unha pequena actividade de lingua castelá e remataremos cunha pequena tamén de ciencias naturais. Imos coas tarefas!

- Matemáticas: hoxe imos rematar coas táboas que empezamos onte. Toca facer as que nos faltaban, así que volas deixo por aquí. Recordade fixarvos ben nos resultados de cada debuxo para poder montar o puzzle ben feito. 

- Valores: para traballar valores, hoxe imos relacionalo coa música e as emocións. No primeiro trimestre vimos as emocións principais, que se recordades eran: alegría, tristeza, medo, ira, calma e amor. Sodes capaces de relacionar cada unha destas emocións cunha canción? É un exercicio moi interesante pensar que cousas nos transmiten as cancións. Podedes elixir as que queirades. Para facer este exercicio gustaríame que me escribírades e me puxérades no correo o título da canción que che transmite cada emoción. Podes facelo de todas ou soamente de algunhas. Se mo mandades, compárto no blogue as vosas cancións, e tamén as miñas. 

- Reli: coma sempre, por aquí vos deixo o blogue para que lle votedes un vistazo ás cousas que tedes que facer esta semana. Blogue: reli no vila.

- Inglés: a tarefa que tedes que facer de inglés é a seguinte que vos deixa a profe Nati. Pupils Book, page 50, exercise 13. Coma sempre, na páxina do libro interactivo tedes o libro dixital. Ademais, a profe Nati mandoume uns vídeos super chulos para compartir convosco que, a min, encantáronme, e espero que a vós tamén. Mandádeme un correo contándome que vos parece, e llo conto á profe Nati que seguro que lle fai moita ilusión.







- Lingua castelá: imos aprender a diferenciar entre o suxeito e o predicado dunha oración. Para iso, por aquí vos deixo un vídeo que vos vai axudar moito seguro: suxeito e predicado. Cando o teñades visto, facede a seguinte ficha: suxeito e predicado. Se non a podedes imprimir, podedes simplemente copiar as frases nunha folla e facer o que indica o enunciado. 

- Ciencias naturais: todas as máquinas funcionan con enerxía, verdade? Algunhas funcionan coa enerxía das persoas (como un bolígrafo, por exemplo) e outras gracias á enerxía eléctrica (como unha televisión). A vosa tarefa de hoxe é gravar e enviarme un audio no que digades CINCO máquinas que funcionan coa enerxía das persoas e outras CINCO que funcionan con enerxía eléctrica. Recordade: EN GALEGO. Podedes facervos primeiro un borrador en papel para non equivocarvos. 

     E listo, rematamos as tarefas de hoxe. Espero que vos resultaran igual de fáciles que sempre, e seguide traballando así. A semana que ven é posible que vos agarde unha sorpresa que teño preparada para que despidamos o curso como se merece, aínda que sexa un curso un pouco extraño. Un bico grande da vosa profe que vos bota de menos. 


Iniciativa “Todo va a salir bien”. Arcoíris de esperanza ...

Comentarios