Mércores, 10 de xuño

     Boas de novo pitufines! Vedes que rápido está pasando o curso? Xa estamos a día 10 de xuño! Sabedes que significa eso? Que soamente quedan 9 días ata que se terminen as clases, menuda pasada. O tempo está a pasar rápido, aínda que esteamos lonxe e isto sexa un pouco raro para todos. Esperemos que o próximo curso sexa máis normal, pero mentres tanto tócanos acabar este por todo o alto. 

     O horario de hoxe será o habitual: empezaremos con matemáticas, seguiremos con lingua galega, faremos tamén unha actividade de lingua castelá, e remataremos o día con educación física e cunha actividade MOI chula de plástica que a min encántame. Empezamos!

- Matemáticas: imos continuar traballando a simetría. Para iso, déixovos por aquí un xogo e unha ficha que tedes que completar. Ademais, van por niveis de dificultade. Quen será capaz de facer o nivel máis alto sen equivocarse?

- Lingua castelá: hoxe imos seguir practicando o suxeito e o predicado. Aquí tedes unha ficha na que tedes que marcar as palabras que pertencen ao suxeito da oración. Recordade os pasos para averiguarlo: primeiro busco o verbo, despois pregúntolle QUEN ou QUE, ese é o suxeito. Identifica o suxeito das oracións. Ademais, tamén facemos esta outra para repasar: suxeito e predicado.

- Lingua galega: tócanos facer unha breve actividade de comprensión. Para iso, déixovos por aquí unha ficha coa historia e as preguntas debaixo. É moi faciliña de facer. O soño de Sara.

- Educación Física: a tarefa que vos deixa esta semana o profe David é a seguinte. Ioga na casa, atrevédesvos a facer as posturas?

- Plástica: hoxe imos facer unha actividade moi moi chula de papiroflexia. Imos facer unha ra! Pero non é unha ra calquera, xa que nos servirá para xogar despois. Para facela, imos necesitar: un folio e tesoiras. Preparados? Por aquí vos deixo o vídeo. Podedes facer incluso máis de unha e competir a ver cal salta máis alto ou máis lonxe. Cando a teñades, mandádeme un vídeo probándoa! Un consello: ide despacio, seguide ben os pasos e parede o vídeo se o precisades, porque se non o facedes ben, a ra non saltará. Ra de origami.

     E aquí rematamos xa o mércores, e xa vai fóra a metade da semana. Agardo con moitas ganas os vosos vídeos das ras, a ver que chulas vos quedan, e todas as vosas tarefas. Unha aperta grande da profe, e moito ánimo para o que queda!

Cómo nace un arcoíris? - Noticias y datos curiosos - ClubOsi

Comentarios