Mércores, 3 de xuño

     Bos días! Xa estamos de novo a metade da semana, o tempo boa e con el acércase o verán. Estades aproveitando para facer cousas novas? Xa sabedes que agora podemos na fase dúas. É unha moi moi boa noticia porque quere dicir que estamos mellorando, e iso a verdade é que é unha sorte. Esperemos que pronto poidamos recuperar a normalidade de sempre. 

     Hoxe traio algunhas tarefas chulas e divertidas, así que aquí vos deixo o horario: empezaremos con mate, faremos unha tarefa de lingua galega e despois xa faremos educación física e remataremos con plástica. Estades preparados? Pois imos aló. 

- Matemáticas: hoxe empezamos facendo algúns xogos para repasar o concepto de simetría. Acordádevos que é coma se tivéramos un espello, e por aquí vos deixo as actividades que tedes que facer, espero que as entendades ben: 

*Simetría emparellada: e por último, neste outro xogo tedes que seleccionar a imaxe correcta que se corresponda coa metade simétrica da que ensinan. Tes que seleccionar o nivel, e seleccionar a imaxe e despois darlle a check para comprobalo. Cando dominedes un nivel, podedes ir ao seguinte, xa vos aviso que o último é complicado! Simetría emparellada.
*Punto: neste outro xogo, tedes que conseguir a máxima cantidade de acertos seguidos. Tedes que pulsar na casilla simétrica á que che ensinan, parece fácil pero non o é tanto. Fixádevos moi ben nos cadradiños, e veña. Cantos seredes capaces de facer? xogo de punto.

- Lingua galega: a actividade de hoxe de lingua galega ten varias partes. En primeiro lugar, pon o seguinte audio para escoitar o ditado, e escribilo correctamente nun folio ou na libreta. Ditado

     Cando xa teñas o ditado escrito, segue os seguintes pasos con coidado. Na imaxe de abaixo podes ver un exemplo do exercicio.
1. Subliña ou rodea as formas verbais (ou verbos) que atopes no texto.
2. Copia as formas verbais debaixo do ditado, unhas debaixo de outras.
3. Escribe ao lado de cada una: o verbo do que ven, o tempo verbal (pasado, presente ou futuro) e a súa conxugación.

- Educación Física: por aquí deixo o traballo do profe David para esta semana. O alfabeto do movemento.

- Plástica: imos crear simetrías. Para iso necesitaremos: un folio ou carolina, témperas de cores, pincel e moita creatividade. Imos crear bolboretas simétricas: 
1. Colle o folio e dóbrao á metade. 
2. Fai puntiños de pintura (con cantidade de pintura) por unha metade, creando a forma das ás dunha bolboreta e o seu corpo polo medio. 
3. Volve a dobrar o folio con forza, e preme cos teus dedos para que a pintura se pegue ao outro lado. 
4. Abre a folla de novo e comproba o teu debuxo. 
5. Extra: podes repasar cun pincel fino a silueta da bolboreta para que quede moito mellor. 
6. Extra 2: atréveste a crear outro debuxo simétrico? Utiliza a túa creatividade, e envíamo ao meu correo para que poida velo e compartilo cos compis. 

*Por aquí vos deixo un vídeo coa actividade, para que ademais de seguir as instruccións poidades ver como queda e facelo vos. Ánimo! bolboreta simétrica.

     E aquí rematamos as tarefas de hoxe, espero que vos gusten  moito e que desfrutedes aprendendo. Encantaríame ver o resultado no meu correo das vosas actividades e das vosas bolboretas, agardo polas vosas mensaxes. Un bico moi grande da profe que vos bota moito de menos. 
Goma Arcoíris Moi precio

Comentarios