Primeira palabra

    Boas de novo, empezamos coa primeira pista da semana. Hoxe adivinaremos unha fácil para empezar. teredes que facer un total de catro actividades diferentes para adiviñar a palabra que toca. Pero recordade que antes hai que facer primeiro as actividades de inglés, que é o que toca hoxe a maiores. 

- Inglés: pero primeiro, como vos dixen na entrada anterior, déixovos por aquí o traballo que tedes que facer hoxe de inglés. Activity book, page 49, exercises 15 and 16. 

*A palabra que tedes que adiviñar hoxe é.... UN ANIMAL. 

- Actividade 1: para saber que tipo de animal é o que temos que adiviñar, déixovos por aquí un par de vídeos moi interesantes para que vexades e descubrades máis cousiñas. Por suposto, o noso animal misterioso sae nestes vídeos.




- Actividade 2: agora imos descubrir de que se alimenta o noso animal. Para iso, tedes que facer a seguinte ficha: a columna que vos saia máis grande será o tipo de alimentación que ten o noso animal. A ver que tal se vos da: alimentación dos animais.

- Actividade 3: escribe debaixo dos seguintes animais onde viven (terrestre, acuático, ou ambas) resolvendo as operacións para saber con qué resultado se corresponde (as operacións debes facelas nun papel a parte). O noso animal é o máis... peculiar, o diferente a todos os demais. Xa case o tedes! Hábitat dos animais

- Actividade 4: aínda non o sabes? Non pasa nada. Rematamos con esta actividade de lingua galega, moi fácil, o noso animal está oculto entre os que aparecen na actividade. Pero coidado! É moi perigoso: actividade final.

     Xa sabedes a palabra de hoxe? Pois apuntádea ben nunha folla que non perdades, e apuntade aí tamén as do resto de días da semana. Así o venres teredes todo xunto e será moito máis fácil para vós conseguir o premio final. Espero que o pasárades ben neste primeiro día de xogo de pistas. Recordade: se tedes dúbidas, podedes escribirme ao correo, eu vos axudo!
Lupa Transparente Búsqueda - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

Comentarios