Quinta palabra e proba final

     Ola chicos e chicas! Que nervios, hoxe acabamos a investigación. Quen será capaz de chegar ata o final e descubrir o código secreto que permita abrir o candado? Eu espero que todos. Pero antes de nada, como todos os días estamos fando, imos empezar coas materias doutros profes vale?

- Educación física: déixovos, como cada venres, a tarefa que vos da esta semana o profe de Educación Física, que tamén se despide xa de vós: Rematamos o curso.

- Música: e tamén é a última tarefa de música deste curso, así que espero que a fagades xenial para despedirvos. Por aquí vouvos deixar o enlace ao blogue para que poidades mirar que vos toca facer: ruteando coa música.

E a última palabra é... UN TIPO DE PALABRA!

     Pero esta palabra vai ser diferente, xa que soamente imos facer dúas actividades para adivinala, porque logo temos que abrir o candado final! Preparados? 

- Actividade 1: pensa nun reloxo analóxico. Divide o nome dos números que aparecen en sílabas. Cantas sílabas teñen a maioría dos números? 

Reloj - Dibujalia - Dibujos para colorear - Profes - Matemáticas ...

- Actividade 2: clasifica as palabras do texto na táboa. Cal é a columna con máis palabras? Como se chaman ese tipo de palabras?: clasificar palabras.

     Xa tedes todas as palabras anotadas xuntas? Estou segura de que si. Repasamos: deberíamos ter un animal, un obxecto/máquina, un fenómeno meteorolóxico, un alimento e un tipo de palabra. Por aquí vos deixo unha sopa de letras na que aparecen AS CINCO PALABRAS, por se alguén todavía ten dúbidas ou lle falta algunha. Recordade: son en lingua galega!
*Unha recomendacion: buscádeas todas, e así comprobades que estean ben escritas, por se acaso. 


     Pois agora que xa tedes as cinco palabras, imos coa proba final. Temos que transformar esas palabras en números! E como facemos iso? Moi fácil. 
1. Conta o número de LETRAS que ten a palabra. 
2. Conta o número de SÍLABAS que ten a palabra. 
3. Suma os dous NÚMEROS. Xa tes unha palabra transformada. 
4. Repite o proceso coas CINCO palabras. 

     Vouvos deixar por aquí un exemplo, para que o entendades mellor, pero é moi sinxelo se seguides os pasos un a un. Este exemplo é INVENTADO, non forma parte das palabras do enigma. 

PORTA: 5 (letras) + 2 (sílabas) = 7

     Cando teñas os cinco números, escríbeos todos xuntos, separados por guions. Aquí te deixo un exemplo de cómo debería ser. Aviso: de novo é un exemplo INVENTADO, os números non son estes.
*Coidado: nos deixes espazos entre os números e os guions. 

7-12-54-22-4

     Xa tes o código? Chegou o momento! Hora de metelo no candado e descubrir o que oculta. Se non te funciona, non desesperes, revisa ben todo. Se continúa sen funcionar, podes escribirme dicíndome as túas palabras e o teu código, e eu direiche que é o que tes mal. Tes oportunidades infinitas, non te desanimes! SORTE!

Candado dixital

     E con isto rematamos unha semana moi emocionante e divertida para mín, e espero que para vós tamén. Durante esta semana repasamos moitas das cousas que aprendemos este curso, de moitas asignaturas, e fomos descubrindo pistas para adiviñar as diferentes palabras que nos permitiron abrir o candado final. E así rematamos o curso, aprendendo e divirtíndonos xuntos! Non vos perdades a entrada de fin de curso, é moi especial para mín e espero que tamén para vós. UN BICO ENORME!

Lupa Transparente Búsqueda - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

Comentarios