Bos días de novo investigadores! Estades preparados para descubrir a segunda pista desta semana? Hoxe tócanos unha segunda palabra que a mín gústame especialmente, e espero que vós tamén o pasedes ben averiguándoa. Collede as vosas dotes de investigadores, e ánimo!
Pero primeiro, recórdovos que temos que facer as actividades das materias que non sexan da profe, por iso por aquí vouvos deixar as tarefas de inglés e de reli, que nos tocarían hoxe.
- Inglés: a tarefa de hoxe en inglés é a seguinte. Activity book, page 51, exercise 22.
- Relixión: para facer a tarefa de reli tedes que ir, coma sempre, ao blogue de relixión e buscar ahí a tarefa para o voso curso. Por aquí volo deixo: Reli no vila.
A palabra que buscamos hoxe é unha... MÁQUINA
- Actividade 1: o primeiro de todo é repasar as máquinas. Para iso imos ver este vídeo, e vouvos dar unha pista: falan desta máquina no vídeo, e ademais e do primeiro tipo de máquinas que falan. Escoitade ben todo, para quedarvos coa información:
- Actividade 2: que onde podemos utilizar ou atopar esta máquina? En moitos sitios. Tedes que facer a seguinte ficha relacionando cada sinal de tráfico co seu significado. Recordades que as cores tiñan un significado tamén? Pois o lugar onde podemos atopar a nosa máquina é o que explica unha das sinais informativas. Xa sabedes que lugar é? Sinais de tráfico.
- Actividade 3: buscade na seguinte sopa de letras diferentes nomes de cousas que podemos atopar nese lugar... unha desas palabras é a máquina que buscamos! Seredes capaces de atopar todas as palabras? Pista extra: a nosa máquina está en vertical! Sopa de letras
- Actividade 4: E cal de todos será? Moi fácil, imos descubrilo. Por aquí tedes unha imaxe con coordenadas na que aparece o obxecto que nos interesa. Queredes saber en que coordenadas se atopa? Moi fácil. Aquí as tedes (se non podedes imprimir esta folla, podedes simplemente lela e facer as operacións nunha folla): calcula as coordenadas.
Agora que xa sabes os números, búscaos na imaxe: que obxecto hai neses números?
*Pista extra: a palabra que buscamos parécese a unha máquina simple coa que fixemos un experimento no que tiñamos que tirar boliñas con distinta inclinación e ver que ocorría.
Sabes xa a palabra? Moi ben, pois apúntaa xunto coa palabra de onte, e recorda telas sempre a man. Xa soamente quedan tres palabras para poder conseguir o premio. Moito ánimo investigadores, estades a facelo xenial! Mañá adivinaremos unha nova palabra.
Comentarios
Publicar un comentario