Terceira palabra

     Boas de novo pequenos investigadores! Hoxe imos adiviñar a terceira palabra da nosa clave. Estades preparados? A de hoxe confeso que é moi moi fácil, espero que vós pensedes o mesmo ca min. Pero antes, non olvidedes que hai que facer tamén as tarefas das especialidades. Neste caso, educación física que é o que nos tocaría hoxe.

- Educación física: por aquí vos deixo a tarefa que me deu hoxe o profe David para vós, para despedir o curso. Rematamos o curso.

A palabra que nos toca averiguar hoxe é... UN FENÓMENO METEOROLÓXICO

- Primeira actividade: imos recordar algúns fenómenos meteorolóxicos que xa coñecemos. Para iso, imos facer un encrucillado. Por suposto, a nosa palabra oculta atópase entre as palabras deste encrucillado. Por aquí volo deixo: encrucillado fenómenos meteorolóxicos.

- Segura actividade: o fenómeno meteorolóxico que temos que adiviñar está moi moi relacionado co ciclo da auga. Para recordalo, imos ver un vídeo no que nolo explican. Estade moi pendentes a ver que cousas din no vídeo que tamén hai no encrucillado, iso acercaravos á nosa palabra oculta: 


- Terceira actividade: moitos dos fenómenos meteorolóxicos e dos obxectos do ceo son simétricos, verdade? Debuxa correctamente as seguintes simetrías, e fíxate moi ben a ver cales destes obxectos poden ter que ver co fenómeno meteorolóxico que estamos intentando adiviñar. Se non podes imprimir a folla, intenta copialos nun folio e facer a simetría: debuxa as simetrías

- Cuarta actividade: xa case o tes, a que si? Pois imos coa última palabra. Tes que descrifrar o código das multiplicacións para averiguar varias palabras. Estas palabras son TIPOS do fenómeno meteorolóxico que temos que adiviñar: código secreto
*Cando teñas as palabras, búscaas en internet, en google, e verás de que fenómeno meteorolóxico estamos falando (recorda: apúntao en SINGULAR).

     Xa o tes? Veña que foi moi fácil, non vos rindades. Vos prometo que o último día faremos un repaso para asegurarnos de que levedes todas as palabras ben. Seguro que o estades a facer xenial, pero se tedes algunha dúbida non olvidedes que podedes preguntarme polo correo e falar comigo, eu intentarei axudarvos, pero soamente un pouco! 🙊

Lupa Transparente Búsqueda - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

Comentarios