Bos días chicos e chicas! Entramos na última semana do curso, e iso fai moita ilusión sempre, pero tamén dame un pouco de pena no poder despedirme de vós como me gustaría. As últimas semanas no cole sempre son moi diferentes, verdade? Pois esta non ía ser menos. Vouvos explicar o que imos facer esta semana, que tamén vai ser diferente 👀
Imos facer un xogo de pistas, durante toda a semana. Cada día ides ter que adiviñar UNHA PALABRA que terá que ver con cousas que temos traballadas en clase. Para adiviñala, faredes tres ou catro actividades diferentes, e en cada unha das actividades atoparedes unha pista diferente. Cando fagades todas as actividades e teñades a palabra, apuntádea coas dos demais días nun papel, para non perdela, porque esas palabras serán a clave para recoller, o venres, o voso premio.
Espero que esteades preparados para traballar, pero tamén para pasalo moi ben, e descrubrir as pistas que agochan cada día. E que ocorre se non adiviñas todas as palabras? Non pasa nada, o último día terás unha pista extra de todas as palabras por se te falta algunha que poidas adiviñala.
*Extra: se tedes dúbidas sobre ter adiviñado algunha das palabras, sempre podedes escribirme ao correo e eu contestareivos... ou igual non 😋
*Recordade: as palabras teñen que estar EN GALEGO. Se non sabedes como se escribe en galego, buscade en internet. É moi importante para poder dar coa clave final.
*Recordade: as palabras teñen que estar EN GALEGO. Se non sabedes como se escribe en galego, buscade en internet. É moi importante para poder dar coa clave final.
A maiores de isto, poñereivos tamén, ao principio de cada día, as tarefas que manden os profes de inglés, educación física, música e relixión, que tamén hai que facer, pero que non estarán relacionadas co que imos facer xuntos. Preparados? Pois veña... 3... 2 ...1 ....
A ADIVIÑAR A PALABRA DE HOXE!
Comentarios
Publicar un comentario