Venres, 5 de xuño

     Ola pitufos e pitufas! Hoxe xa é venres, e co día de hoxe xa rematamos unha semana máis. E sabedes que? Que soamente quedan DÚAS SEMANAS de clase, nada máis. Que rápido está pasando todo isto verdade? Xa levamos moitísimo tempo, pero a verdade é que está merecendo a pena. Espero que o próximo curso logremos acabar con este virus todos xuntos. Mentres tanto recordade: sentidiño e responsabilidade, agora e ata que o logremos de todo. 

     O horario de hoxe será o habitual dos venres así que veña, con enerxía, que vós podedes campións. Empezaremos cuns problemiñas de matemáticas, seguiremos con educación física, despois faremos música e xa remataremos cunha actividade de lingua galega e ciencias sociais. Imos!

- Matemáticas: seguimos repasando problemas, que fai falta. Igual que o resto dos días, tedes que ELIXIR CINCO PROBLEMAS dos que vos poño a continuación. Recordade que podedes imprimilo ou copialo directamente nunha folla, pero hai que resolvelo coa cruz de sempre! Elixe problemas.

- Educación física: por aquí vos deixo o traballo da semana de educación física. Recordade facer exercicio sempre, aínda que agora que estamos a recuperar a normalidade é moito máis fácil verdade? O alfabeto do movemento.

- Música: e tamén vos deixo coma sempre tamén o blogue de música, para que busquedes as actividades que tedes que facer. Ruteando coa música

- Ciencias sociais e lingua galega: imos continuar traballando as materias primas e os produtos elaborados con estas fichas faciliñas de repaso. Recordade, coma sempre, enviarmas ao correo tercero.viladerutis@gmail.com antes de corrixir:
*Encrucillado
*Exercicios
*Materias primas

     E listo, rematamos a semana! Moi ben, moi bo traballo. O estades a facer super ben, estou moi moi contenta e orgullosa de vós. Xa quedan soamente dúas semanas, ide pensando que cousas queredes ir facendo nas vacacións, porque estanse acercando!
Un hermoso arco iris sobre fondo blanco - Descargar Vectores ...

Comentarios