Xoves, 11 de xuño

     Boas! Xa estamos aquí outra vez preparados para traballar e rematar a semana con todas as ganas coas que a empezamos. Acércase a fin de semana e seguro que todos tedes ganas de desfrutar do tempo libre, agora que xa se acerca o verán. Imos traballar primeiro!

     Hoxe empezaremos con inglés, despois faremos unha actividade de ciencias naturais e linuga galega, faremos unha actividade tamén de lingua castelá, e seguiremos coa educación vial, neste caso aprendendo o significado das sinais. Comezamos!

- Inglés: a tarefa de inglés que temos que facer hoxe é esta. Ao igual que na lectura da páxina 50 do Pupils Book, fai un debuxo ou pega unha fotografía do teu ser vivo marino favorito nun folio ou cartolina e defíneo dun xeito breve. 

- Lingua castelá: por aquí vos deixo un xogo para facer de repaso, no que tedes que ordear as palabras alfabéticamente. Para iso, recordade fixarvos na primeira letra da palabra, e ordenalas segundo a que vaia primeiro na orde do alfabeto (podedes escribilo nunha folla para axudarvos). Se a primeira letra é igual, recordade que hai que facer o mesmo pero coa segunda. Cantos puntos conseguiredes? xogo de orde alfabética.

- Ciencias sociais: hoxe imos aprender o significado das principais sinais que podemos atopar polas rúas. Fíxate que a cor que teñen e a súa forma inflúen moito no seu significado. Por aquí te deixo algunhas páxinas nas que tes que entrar para coñecer máis:
*As sinais de tráfico (pulsa primeiro en repasar as sinais, porque é moi interesante, e logo para facer o xogo tes que ser moi rápido, hai pouco tempo!)
*Memorizando sinais: fíxate nas sinais que aparecen, e repíteas na mesma orde. Cantas es capaz de recordar?

- Ciencias naturais e lingua galega: de onde obtemos as persoas a enerxía? E de onde provén a enerxía eléctrica que usamos para algúns aparellos? Responde as preguntas da seguinte ficha, tendo en conta que, se non as coñeces, podes buscar información en internet para respondelas. Recorda: EN LINGUA GALEGA. Responde ás preguntas en galego. Se o prefires, tamén podes imprimila e facelo en papel: ficha para imprimir

     E con isto rematamos xa o xoves. Xa vedes que as tarefas son moi fáciles, aínda que esteamos dando cousas novas. Recórdovos tamén que mañá é o último día no que imos a dar cousas novas, e que a semana que ven vai ter algún... secretiño escondido. Espero que o fagades todo moi ben, e mándovos moitos cariños dende a miña casa. 
Goma Arcoíris Moi precio

Comentarios