Xoves, 4 de xuño

     Boas de novo! Por aquí volvemos a atoparnos, dispostos a rematar esta semana por todo o alto. Xa queda cada vez menos, como a levades? Eu espero que xenial, e que vos estean gustando as actividades. Encantaríame saber a vosa opinión sobre as actividades, cales son as que máis vos gustan e demais, xa que penso que así tamén podemos facer máis desas.

     Hoxe imos seguir o seguinte horario para traballar: inglés, lingua castelá, ciencias sociais e naturais e lingua galega. Preparados? Seguro que si, veña. que é fácil e curtiño. 

- Inglés: a tarefa de hoxe de inglés é a seguinte. Pupils book, pages 46 and 47, exercise 4. 

- Lingua castelá: hoxe tedes unha tarefa moi fácil. Preguntádelle aos vosos pais pola receita da vosa comida favorita, pode ser a que prefirades, doce ou salgada. Despois, escribídea nun folio tendo en conta o seguinte:
1. De título debes poñer o nome do prato que vas cociñar.
2. Escribe debaixo do título os ingredientes que se necesitarán para facelo, incluindo cantidades.
3. Escribe os pasos (1., 2., 3... como fago eu) que tes que seguir para facer a receita.
4. Inclúe unha foto ou debuxo do prato debaixo.
5. Podes facelo no ordenador ou en papel.
6. Mándamo cando o termines e así podemos compartilo entre todos. Desta maneira, coñeceremos os pratos favoritos dos nosos compañeiros e incluso podemos probar a facer as receitas!

- Lingua galega: hoxe imos repasar un pouco de ortografía. Para iso, tedes que facer a seguinte ficha completando coas letras que vos pidan en cada exercicio. É super fácil, pero fixádevos ben en que vos pide cada exercicio, e pensade ben o que estades a facer. É de repaso así que debería saírvos de 10. Por aquí vos deixo a ficha: ortografía.

Ademais, vos deixo tamén a corrección do ditado de onte, coa actividade tamén feita. IMPORTANTE: na grabación do ditado había un erro "estudiou" non existe en galego, é un castellanismo, o correcto é dicir "estudou". Gustaríame ver o voso ditado corrixido por enriba con vermello, a ver cantos fallos tedes. Mandádeme unha foto ao correo para velo. Corriximos o ditado.

- Ciencias naturais e ciencias sociais: imos rematar cunha actividade de repaso dos contidos dos materiais. Para iso, tedes que ver o seguinte vídeo sobre "CÓMO SE FABRICA UN LAPIS". É moi interesante: fíxate ben nas fases, en que tipo de máquinas se utilizan e nos diferentes procesos. Como se fabrican os lapis? Cando remates de velo, fai a seguinte ficha interactiva: preguntas sobre a fabricación dun lapis. Recorda darlle a enviar a tercero.viladerutis@gmail.com cando remates!

     E ata aquí as tarefas do xoves, foron pouquiñas verdade? Espero que non se vos estea a facer moi longo. Como o levades? Mañá xa é venres, e xa soamente faltarán dúas semanas de clase máis. Bótovos de menos, e encantaríame poder despedir o curso xuntos, de verdade. Un bico moi grande. 

dibujos de arcoiris a colores - Saferbrowser Yahoo Image Search ...

Comentarios