Boas tardes chicos! Xa acabou o martes, que rápido vai todo verdade? Como seguro que xa sabedes, e se non o sabedes volo digo eu, xa temos hora e día para a videochamada. Será mañá, mércores, a primeira hora da tarde, ás catro e media. Espero e gustaríame moito vervos a todos.
Eu estou intentando preparar cousas para que poidamos falar con orde, tede en conta que é moi moi importante respetar o turno de palabra porque seremos moitas persoas xuntas e senón formarase moitísimo caos. Recordade poñervos nun lugar ben iluminado, coa cámara apuntándovos ben para os poidamos ver, e que non teñades ruido por fóra (non televisión nin outros ruidos que molesten).
E sen máis vouvos deixar por aquí algunha actividade para que fagades hoxe pola tarde, coma sempre para quen lle apeteza, recordade que esto son xogos voluntarios, pero gústame moito preparalo e que, cando facedes algún, mo mandedes para ver que o meu esforzo sirve para vós tamén. Por aquí vos deixo algunhas ideas para hoxe:
- Puzzles: como xa sabedes, e se non o sabedes volo digo eu, eu son unha afeccionada aos puzzles. ENCÁNTANME. E paso moitas horas facendo puzzles nesta corentena: xa fixen tres diferentes de 1000 pezas cada un, e aínda me queda un máis. Pero se non temos puzzles, sempre podemos facelos online, verdade? Por aquí vos deixo unha páxina na que podedes elixir e facer moitos puzzles diferentes e de varios niveis. Atrevédesvos? Puzzles online
- Xogo en familia: coma sempre, paréceme super importante ter alguén con quen xogar, e estou segura de que os vosos pais, nais, irmáns, tíos, avós... estarán encantados de xogar un pouco convosco. Onte vos propuxen unha búsqueda do tesouro, e hoxe quero propoñervos un circuito de obstáculos. Podedes xogar cos mobles, sillas, mesas, coxíns... cousas da vosa cada para crear un circuito de obstáculos no que poidamos atravesar sen tocar o chan. Atrevédesvos? Encantaríame ver as fotos dos resultados, seguro que é chulísimo.
- Xogos de cartas: outra cousa que me gusta moito facer é xogar ás cartas. Cóntovos un secreto: dende que comezou a corentena xa lle din varias palizas ao meu pai á escoba, son unha crack. Vouvos deixar por aquí a entrada do blogue onde falamos dos xogos de cartas que podedes facer, que sempre é unha boa idea, ou incluso podedes inventar un propio. Viva a imaxinación! xogos de cartas
E ata aquí os xogos de hoxe. Mañá probablemente non teremos entrada pola tarde, xa que estarei preparando a videochamada, e xa temos entretemento para pola tarde con ela verdade? Agárdovos a todos alí, espero que poidamos vernos entre todos e compartir os nosos momentos. Un bico moi grande para todos os meus pitufines, un día máis é un día menos.
Comentarios
Publicar un comentario